VIDEO - PALABRAS PÓSTUMAS - MONTY PRIETO

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por Vecin

Fai uns intres tiven a oportunidade de falar con Monty Prieto, rapeiro de 31 anos, de palabra fluída e agradable no trato que pouco a pouco foi construíndo unha carreira con base sólidas que está a despegar na actualidade.

E aínda despois de tantos anos no mundo do Hip Hop recoñece sentir esas cóxegas que o acompañan dende o comezo da súa carreira, que o fan sentirse ilusionado como un cativo con cada actuación, con cada entrevista, con cada paso co que fai da súa música, unha forma de vida.

Graciñas Monty por compartir a túa música.

Tendes máis información no seu Myspace. Nel tamén poderedes ler algunhas das entrevistas feitas a Monty na prensa escrita, na radio e disfrutar dos seus videos musicais.
Podedes acceder ao seu Facebook.

UN POUCO DE PALABRAS PÓSTUMAS!!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

CONCERTOS - FESTIVAL DE MÚSICAS CONTEMPLATIVAS

Tuesday, March 30, 2010 Escrito Por Vecin

Onte deu comezo o ” Festival de Músicas Contemplativas”, iniciativa do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, que cumpre este ano coa súa V edición. Para celebralo e contando co Ano Santo 2010 presenta unha proposta musical do máis variada, na que fai convivir e dialogar as diferentes músicas do Oriente e do Occidente.
En palabras dos organizadores:”A proposta de artistas e programas do Festival, do ano 2010, profunda na idea de que a arte, proveña de onde proveña, pode axudar a crear unha sociedade culturalmente orientada ao fortalecemento da cohesión social, a identidade e a integración da diversidade cultural.”

Unha fermosa iniciativa, que durante toda a semana santa poderemos disfrutar,viaxando o traveso do patrimonio musical internacional sin ter que desprazarnos da zona vella de Santiago. Todo unha experiencia visual e auditiva.

PROGRAMA DETALLADO
Luns 29 de marzo

20 h. Igrexa de San Francisco. The Sixteen Choir & Orchestra (Inglaterra): Misa en si menor, de J. S. Bach
22.40 h. Igrexa da Universidade. Houng Thanh (Vietnam): Tradición espiritual no canto vietnamita

Martes 30 de marzo
20 h. Igrexa do Convento do Carme. Fretwork Ensemble (Inglaterra) (Inglaterra): Fantazia Purcel, de H. Purcell
22 h. Igrexa de San Paio de Antealtares. Les Éléments (Francia): Méditerranée: polifonías antigas en latín, hebreo, árabe e grego antigo
23.55 h. Igrexa da Universidade. Urna & Ensemble (Mongolia): Amilal: O espírito mongol

Mércores 31 de marzo
20 h. Igrexa de San Martiño Pinario. Divana Ensemble (India): Poesía e música do Raxasthán
22 h. Igrexa das Ánimas. Enma Kirkby & London Baroque (Inglaterra): Haendel en Roma, de G. F. Haendel
23.55 h. Igrexa da Universidade. Sheikh Taha (Exipto): Cantos sufíes do Alto Exipto

Xoves 1 de abril
20 h. Igrexa de San Martiño Pinario. Helsinki Baroque Orchestra (Finlandia). Jubilate Domino: O barroco dos países bálticos
22 h. Igrexa das Ánimas. Hilliard Ensemble (Inglaterra). In Paradisum: Canto francés do século XVII, de Victoria e Palestrina
23.55 h. Igrexa da Universidade. Alim & Fargana Qasimov (Azerbaixán): Música espiritual de Azerbaixán

Venres 2 de abril
20 h. Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Parissa (Irán): Música e poesía mística persa
22 h. Igrexa de San Martiño Pinario. Il Suonar Parlante (Italia): Lamentos para a Paixón na Alemaña de Bach
23.55 h. Igrexa da Universidade. Monâjât Yultchieva (Uzbekistán): Música para a meditación

Sábado 3 de abril
20 h. Igrexa das Ánimas. Kenneth Weiss (USA): Leçons de Tenebres: Couperin, D´Anglebert, Delalande

Entradas
De balde, previa retirada do billete no lugar do concerto á hora do mesmo. Aforo limitado.

CURTAMETRAXE - ROSA DOS VENTOS - JAIRO IGLESIAS

Saturday, March 27, 2010 Escrito Por Vecin

“Cando un comeza a localizar non sabe o que se vai a atopar. Ten palabras escritas nun papel, pero é nese primeiro viaxe ás localizacións cando a curta comeza a ter imaxe. Lugares que farán que a historia tome vida, sexa real e chegue ó público”.(Jairo Iglesias)

“Personaxes cos que un acaba falando cando xa os coñece ‘Rosa…por qué estás facendo isto?’ preguntábame moitas veces…incluso outras tiven a sensación de que me acompañaban a donde eu ía.”(Jairo Iglesias)

Coas palabras de Jairo hoxe damos introducción a súas curtametraxe a Rosa dos Ventos; a 3º do seu haber que foi nominada como mellor curtametraxe de ficción aos Premios Mestre Mateo no ano 2007.

Rodada en Malpica, é destacable a súa Banda Sonora, creación de Nico Casal pianista-compositor e compañeiro fiel de Jairo en outras moitas das súas produccións.

É de recibo facer mención ó tan ben merecido premio de Belén Constenla á mellor actriz pola Cidade de Sada, recoñecemento que é preciso extender a unha carreira adicada a interpretación.

PARTE PRIMEIRA

PARTE SEGUNDA

VIDEO - GRAN PURISMO - ROSA DÍEZ (GALLEGO FREESTYLE)

Friday, March 19, 2010 Escrito Por MonSozinho

Dende Suiza, o noso galego emigrado respóndelle a Rosa Díez en clave de RaP. Despóis de ter aldraxado e re-aldraxado a cultura galega, despois dos ataques e defensas de diferentes actores (ou malos humoristas, coma no caso dun tal Arcadi Espadas), os representantes dos diversos colectivos reaccionan. Gran Purismo, con raíces en Ourense e a través de Play Pictures ten algo que decirlle a Rosa Díez:

* Gracias Gran Purismo por ser a voz pública de moitos ;)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - O APÓSTOLO - MIRAXES

Saturday, March 13, 2010 Escrito Por Vecin

Queda pouco para que tod@s poidamos desfrutar da primeira película europea de animación stop-motion estereoscópica.Un filme gravado en Santiago de Compostela, con moito traballo ás costas e un equipo do que curiosamente e ata a data do 25 de Febreiro do 2010 podíase formar parte como membro-coproductor. Tod@s @s que tiveron a sorte de apuntarse figurarán nos créditos da película e contaran coa vantaxe de acceder de xeito exclusivo ao seu pre-estreno entre outros beneficios.
Na dirección figura un dos coñecidos da Videoteca Galega, Fernando Cortizo ó que acompañan un equipo de actores e actrices como Geraldine Chaplin, Carlos Blanco,Luís Tosar entre outros. E un equipo técnico de excepción que ven de traballar en películas como A noiva cadáver, Os mundos de Coraline….

Información: www.oapostolo.es

Se queredes curiosear na páxina de Artefacto Produccións atoparédesvos con outras creacións únicas.

CONCERTO - One (Banda tributo a Queen) + Tungsteno. Sábado 13/3/2010 Sala Capitol (Santiago de Compostela)

Tuesday, March 9, 2010 Escrito Por MonSozinho

A banda Arxentina ONE, tributo á banda QUEEN, xira por España este Marzo do 2010.
O precio das entradas é 12€ anticipada e 15€ en taquilla.

Posiblemente, o máis preto que podes estar de ver un espectáculo de Queen co gran Freddie Mercury!!!(Pola calidade, claroestá!).

DATAS DE MARZO

11 marzo. - VIGO- SALA MONDO: ONE + kathaarsys. 21h

12 marzo.- OURENSE (ás 24h)
13 marzo.- SANTIAGO De.COMPOSTELA (Xunto ós galegos TUNGSTENO) Sala Capitol, 21h
18 marzo.- SANTANDER: ONE + Kathaarsys
19 marzo.- PONFERRADA: ONE + Kathaarsys (Entrada 10€-12€)
20 marzo.- XIXÓN: ONE + Kathaarsys
21 marzo.- LUGO (Pendente de Coonfirmación)
26 marzo.- LISBOA (Pendente de confirmación)
27 marzo.- SEVILLA
28 marzo.- TALAVERA DE LA REINA

A banda ONE formárona no ano 2000 dous médicos, Jorge Busetto e Luciano Monti. Dende aquela levan ofrecendo dende Arxentina “O mellor espectáculo de versións de Queen do mundo”
Compartirán cartel nas datas de Santiago, Vigo, Ponferrada, Santander e Xixón con Bandas Galegas!!!.
Na Sala Capitol de Santiago os compostelanos TUNGSTENO abiránlle as portas á Raiña ás 21 horas co seu enerxético impácto de Rock & Roll clásico. Un gustazo oilos (por certo, primicia dende a VIDEOTECA GALEGA, no concerto poderedes adquirir, por primeira vez no mercado o seu disco debut chamado ÁTOMOS Y GALAXIAS;) ).

De seguro disfrutaredes das dúas bandas!!

No concerto de Vigo participarán xunto a One a banda KATHAARSYS, exponentes galegos do black death melódico, con 6 xiras europeas ás costas… Si eso xa non vos chama a atención… tamén eles están traballando no seu proximo CD no que presentan unha evolución da súa música cara una faciana máis acústica (liñas limpas e frases máis jazzeiras). A VIDEOTECA GALEGA puido disfrutar dalgunhas pezas nun concerto previo e a impresión foi tremendamente positiva.

Esperamos que non perdades a oportunidade de ver as 3 bandas en Galicia!!!!!!!!!!

ONE

TUNGSTENO

KATHAARSYS

A VIDEOTECA GALEGA