VIDEO - Omenaje a Galicia Vilingue Remix

Thursday, February 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

“Este bideo pretende ser un sentido omenaje por todo lo que Galicia Vilingue esta aciendo por los derechos linguisticos i las livertades de todos los ciudadanos gallegos.” By Tanjallejo. Entendemos que as faltas de ortografía do autor son intencionadas para chamar máis a atención sobre a temática do video.
A día de hoxe, Galicia Bilingue estalle a dicir a Feijoo9 que “¿canto vale a palabra dun Presidente da Xunta?, si é Feijoo, NADA!!” (Audio da páxina).

+Compre recordarvos, ou facerlle saber á xente que Galicia Bilingue formouse no seno da FAES do señor Aznar, como xa recolleron os medios.

O Xornal
Menéame.net
Faro de Vigo

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - DJ ROJO - Con el apoyo de SLOWLEE Y MARTE

Escrito Por MonSozinho

Hoxe atopei unha impovisación para compartir con vos. O Underground segue a ser unha das nosas fontes de cultura máis importantes e DJ ROJO exalta o hiphop dende hai tempo, e é co apoio de Slowlee e Marte, que traballan dende os estudios ZOMBEATS en Vilagarcía co que esta expresión da cultura contemporánea é posible para moitos dos artistas que teñen algo que dicir no HipHop.
Como podedes ver DJ ROJO non é manco precisamente e fai un bo uso do Crossover e das agullas. Con estilo, como debe ser!!! Porque ningunha música debería ser unha carreira de velocidade… é máis… eu son da opinión que a música faise cos “silencios que están entre as notas”. Moitas felicidades a DJ Rojo pola súa música e todo o noso apoio os ZOMBEATS, que para quen non o saiba, é a continuación do xermolo creado hai tempo por El Ser y Ser… e a cousa continúa!!!

(ollo o detalle do amigo coa pala de obra por detrás!!!)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - CUARTETO CARAMUXO - INVERNIA - TIRURIRU

Escrito Por MonSozinho

Clarinetes e Jazz, acordeón, percusión e músicas do mundo fusionado cancioneros galegos nunha coctelera “pop” e o proxecto destes 6 músicos. CUARTETO CARAMUXO son Alonso caxade, Fernando Abreu, Felipe Agell, Oscar Prieto, Patricia Cela e Xoan Carlos Vázquez (vaia para o cuarteto!!!!). Taballaron obras propias e de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos). A súa proposta intimista e persoal foi presentada no 2009 e se déixa escoitar moi ben. Neste tema en concreto estiveron acompañados pola aloumiñadora guitarra funky de Pablo Carrera tamén coñecido coma “Pablus” no Centro Sociocultural Caixanova de Vigo. Como podedes ver no video, teñen un directo moi simpático e estético. Os aplausos de público son ben merecidos… OUTRO GRAN APLAUSO DA VIDEOTECA GALEGA!!!!

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - PEPE VAAMONDE GRUPO

Escrito Por MonSozinho

Aproveito este intre para compartir con vos un video que Silverio, exbatería dos míticos Xenreira e actual colaborador de estudio e directo de varias bandas (Shit Pony, … )nos achegou. Gran amante do folk galego, como non podía ser de outra forma, ensinounos íste vídeo, do Director YOIO VALDER, editado en Filmanidad do grupo galego PEPE VAAMONDE GRUPO. Un placer estoitar o seu folk alegre e vivaz, que eu equiparo ó de Xerfa, que sin facer o mesmo, teñen unha dinámica que fai que teñas ganas de bailar e de rir… Un placer para os sentidos!!. Moitísimas gracias Silverio, Moitísimas gracias PEPE VAAMONDE GRUPO. A VIDEOTECA GALEGA faise mellor con xente coma vós, Unha aperta!!!

A VIDEOTEC AGALEGA

TRAILER - A Noite que deixou de chover - Luis Tosar e Alfonso Zarauza

Tuesday, February 16, 2010 Escrito Por MonSozinho

Só atopamos o trailer en castelán para compartir con vos, pero hoxe, no Teatro principal, e encadrado no ciclo do GRUPO DE CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE ESPAÑA preséntase a película en galego do director Alfonso Zarauza. Cabe decir que o protagonista é Luis Tosar e que despois de gañar o premio Goya polo filme “CELDA 211” é probable que teñades ganas de ver máis filmes deste noso tan carismático actor. Todo o noso agradecemento a él por ser unha icona cultural galega tan forte. Kisses!!!,

A VIDEOTECA GALEGA

DIDÁCTICA - FAZER MÚSICA NA CASA (CO ORDENADOR) - PROJECTO MOURENTE

Escrito Por MonSozinho

Encántanos atopar este tipo de videos. Músicos explicando cómo fan música, como usan as novas tecnoloxías e porqué. Unha hora e media de información da man de PROJECTO MOURENTE Dende logo se non fora por almas inquedas coma as dos artistas, a difusión da cultura sería moito máis lenta… elitista… capitalizada… vamos… un asquiño. Pero para axudar as almas nobles estamós nós. VIDEOTECA GALEGA quérevos avisar ós amantes do ELECTRO-POP, esta corrente de música sinxela e bailable, cértamente relacionada coa música dos 80, que HOXE NA SALA NASA poderedes disfrutar dun concerto de PROJECTO MOURENTE. No seu Myspace podedes ver videoclips e directos do grupo. Disfrutade!!!

*Tamén poderedes disfrutar hoxe das actuacións no AUDITORIO DE GALICIA en Compostela da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA dirixida por X.C. Seráns ás 11 da mañá e xa pola noitiña ás 21h da REAL FILHARMÓNICA DE GALICIA da man do seu director Antoni Ros, na que interpretarán un programa composto por obras de Beethoven, Wolf e Mendel entre outros. Espero que vos guste o cartel de hoxe; Vangarda e clasicismo a partes iguáis!!! ;)

VIDEO DE CARLOS NUÑEZ COA R.F.G EN CUBA (FEIRA DO LIBRO 2008)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - Xan Campos Quinteto no IV CISM de Salceda de Caselas

Escrito Por MonSozinho

Hoxe actuará o músico de Jazz Xan Campos en formato de Trio no Pub A Borriquita de Belem. Gústame moito este pianista, e vos sorprenderá a súa traxectoria e número de grabacións. Compositor, arreglista e intérprete, as súas composicións teñen un algo de contemporáneas, frescas e imaxinativas que deixa ó Jazz en moi bo lugar, coma o que debe ser; Un espazo libre para a composición e a interpretación non encorsetada. Xa o puidéchedes escoitar na valorada Radio 3. Agora que o penso, evócame por momentos e temas a Miles Davis. Esperamos que disfrutedes del tanto comá nós e non deixedes de escoitar as cancións do seu Myspace para levar unha boa idea do que fai (HIGLY RECOMMENDED!!!)

A VIDEOTECA GALEGA