VIDEO - CUIDADO COM A LÍNGUA:O GALEGO - RTP PORTUGUESA

Sunday, January 31, 2010 Escrito Por Vecin

Sei que agora é un tema un tanto polémico o da lingua, de tódolos xeitos e dende un punto de vista histórico e cultural, hoxe damos o salto á fronteira para tomar prestado un video dos nosos veciños portugueses. Na RTP e nuns escasos minutos de duración fan un recorrido pola historia portuguesa e galega e a evolución das linguas. Teño que dicir que é todo un descubrimento para aqueles que non estamos moi enterados dos encontros e desencontros das dúas linguas ó longo dos séculos.

Deixade as vosas opinións sobre o tema, de seguro moitos de vós coñecedes aínda máis se cabe sobre o tema de hoxe.

VIDEO - MIGUEL COSTAS - LOS FUNCIONARIOS

Friday, January 29, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hoxe as 22h na Compostelana sala CAPITOL, e por 5 € (bravo pola política de precios, non faiaremos!!!) poderedes disfrutar do concierto do carismático Miguel Costas, á fronte da súa banda en solitario. Despois de escindirse de Siniestro total, e tendo sido participe en bandas tan representativas como Aerolineas Federales, Los Feliz ou Los Ratones, editou xa na súa carreira en solitario o disco “Condenados a Costas” no 2008 da man de G.Domani Records.
Costas é un deses artistas que non deixa indiferente a nadie, porque é tan sinceiro facendo a súa arte que consigue conectar co publico que o segue. Dende a VIDEOTECA GALEGA damoslle todo o noso apoio á carreira deste incombustible loitador do R&R e os seus compañeiros de andanzas!!!

*Acompañando a canción, unha fotomontaxe con chistes de funcionarios do usuario enumaelisenlil

A VIDEOTECA GALEGA

DOCUMENTAL - La Guerra Olvidada (trailer) - Carlos Vázquez e Awad Mohamed

Wednesday, January 27, 2010 Escrito Por MonSozinho

Haití despertou de novo a nosa sensibilidade para cos máis desfavorecidos; Nesta enésima desgraza que coma sempre, e por definición de indefensión, sofren os paises menos desenvolvidos, a axuda internacional comeza a organizarse con certa premura (mediática) e os contratos para a reconstrucción do país comezan a ser visitantes habituáis dos despachos de máis alta alcurnia.

Carlos Vázquez, galego desplazado a Barcelona para estudar o Máster en Dirección de Documentales, levou a cabo diversos traballos fronte a REVOLTA PRODUCCIÓNS, entre eles este documental que fala da guerra civil de Sudán, que durou 22 anos, e da actualidade alegal do país, que terá no 2011 un referendo para decidir o futuro do país.

Dende a VIDEOTECA GALEGA felicitamos a Carlos Vázquez polo seu traballo tan comprometido e fermoso, e animamos a todo o mundo a que bote unha man, axude os seus iguais que son tódolos seres humanos, sexan veciños ou do outro extremo do planeta, porque ENTRE TODOS PODEMOS CONSTRUIR UN MUNDO MELLOR!!!

Estade atentos á súa traxectoria, porque en xullo sairá o seu próximo traballo, coproducido por entidades tan potentes coma son TVE ou TV3. Disfrutade do video!!!

A VIDEOTECA GALEGA

CURTAMETRAXE - O SOLDADIÑO DE CHUMBO - VIRGINIA CURIÁ E TOMÁS CONDE

Saturday, January 23, 2010 Escrito Por Vecin

Fai tempo que non me pasaba por eiquí para traervos novas da rede no eido audiovisual….pero que saibades que non teño pensado desaparecer; Hoxe dende a casa e con unha gripe importante quérovos deixar enlazado o derradeiro descubrimento audiovisual….debido a febrícula que padezo tampouco vou ser demasiado orixinal e como o video xa vai acompañado dunha boa descripción, vou pasar a reproducila:

O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Así mesmo, a curtametraxe vén de estar seleccionada no importante festival internacional de stop motion 2009 Montreal Stop-Motion Film Festival . Tamén ten vocación internacional a largometraxe Estigmas , producido pola empresa coruñesa I.B.Cinema, que foi seleccionado para representar a España na mostra Spanish Cinema Now!, que se celebra anualmente no Lincoln Center de Nova Iorque, e que terá lugar entre o 4 e o 24 de decembro. Estigmas , dirixido por Adán Aliaga, gañou o pasado sábado o premio Pilar Miró na Sección Oficial da Seminci de Valladolid.

Ademais destes dous recoñecementos O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona.

A curtametraxe, que conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña, e coa composición musical de Emilio Aragón, continúa así a súa andadura por festivais tanto estatais como internacionais.

A curtametraxe de animación ‘O Soldadiño de Chumbo’, producida por Continental Animación e Algarabía, e dirixida por Virxinia Curiá e Tomás Conde, vén de recoller dous galardóns no festival REC 09, celebrado na localidade asturiana de Llanes, e no Festival Pata Negra, da vila de Guijuelo (Madrid).”

VIDEO - SEMOS PELIGROSOS - EL SENTIDO DE HACER

Friday, January 22, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hoxe anunciámovos un concerto en Ordes ás 23 horas. Desbrozadora e Semos Peligrosos actuarán de balde na sala Badulake.

Desbrozadora nace no verÁn do 2009 de man de Xusto (I’m Drunk, Extincion, Deathwalking Terror) e Couselo (Nois D’anjrois) coa intencion de meter unha chea de barullo en estilos poco habituais nas suas bandas… pero con toda a leria o proxecto tornase un chisco mais serio o ter xa varios temas definidos, nese intre e na procura dun vocalista encontran dous: Victor (I’m Drunk, ex-Cadalso) e Paula (Tanatopraxia avanzada, Vaginal grinder e autora do Podrezine!) que nun principio intentan darlle xogo as duas voces, escribindo os temas para facelos asi, pero Paula ten que marchar de Compostela quedando a banda con só unha voz. Definido todo isto, chega o momento clave… encontrar un baixista para pechar a formacion, o requisito esta xa claro: querer desbrozar por ahi endiante, polo local pasa Donato (Nightcrawler bassman) que nese momento estaba o 100% para darlles un empurron os rondadores, co que finalmente Adrian (Extincion) chega e pecha as fiestras co seu bo facer ritmico quedando a actual formacion.

Semos Peligrosos, pola súa banda leva 16 anos facendo música en directo, cousa que xa plasmaron en 6 cd’s; Agora mesmo están retocando o seu 7º disco, que será un disco doble, no que poderedes atopar en cada volume unha escolma de temas representativos da súa historia e tamén un CD coas cancións que representan o seu presente musical; Coma sempre, SEMOS PELIGROSOS, non deixa indiferente a ninguén.

Disfrutade do video VIDEOTEQUEIROS, e animádevos a ir ó concerto!!!

A VIDEOTECA GALEGA

video - Alo django swing guitars band

Tuesday, January 19, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hai proxectos que despertan unha especial simpatía. Un deles é ALÓ DJANGO; Un grupo de versións do carismático guitarrista de Jazz Manouche europeo, francés que foi Django Reindhart e a súa personalisima forma de tocar, tan influenciada polas síncopas balcánicas, coma si unha versión rítmica de Charlie “Bird” se apoderase das guitarras; PISTA CATRO leva a cabo este proxecto coa ilusión e a forza dun colectivo con experiencia en mil batallas e cunha solvencia artística notable. Disfrutade deste proxecto tan agradable!

* Iste é o texto orixinal que acompaña ó video:

“Hoy, ALÓ DJANGO quiere resucitar ese jazz…ese que se bailaba y cantaba…ese swing…el swing de las pistas de baile.. Lo que en un origen nació como un concierto-cabaret centrado en las guitarras de swing y sus figuras, aLÓ dJANGÓ se ha convertido en un grupo-taller de músicos y bailarines que quieren rendir su particular homenaje al swing gitano manouche y su legado,esperando la incorporación de músicos y bailarines interesados en esta visión del jazz más desenfadado y menos intelectual al taller, manteniendo así viva la tradicion del gypsy jazz y swing americano, …ese swing que se cantaba y bailaba… ALÓ DJANGO partiendo musicalmente del jazz, swing acústico y el claqué, ofrece un concierto con un amplio abanico de géneros musicales traducidos todos al estilo de los gitanos centroeuropeos mezclado con jazz:el gypsy swing, estilo alegre y lírico, apto para tocar tanto en sala como en plazas; un concierto para un público de todas las edades. ALÓ DJANGÓ está integrado actualmente por: -xABI mERICH gUITARRA,vOZ -bERNARD mARTINI bAJO,cOROS -kING fARIÑA vIOLIN,cOROS -gAIL sLOWFEET vOZ,cLAQUÉ -xACOBE gRAPPELLI vIOLIN -rAMÓNIDAS oRENCIOVICH vOZ,gUITARRA,tROMPETA Contratación: 677776860 - 670029610 - 647778917 -619962026 -

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - El Camino de Las Estrellas - Xacobeo 2010 - Gustavo Almeida

Friday, January 15, 2010 Escrito Por MonSozinho

Seguindo o espírito co que nacimos e defendemos, que é APOIAR OS ARTISTAS GALEGOS QUE O MERCADO E AS INSTITUCIÓNS NON RECOÑECEN, aproveitando este ANO SANTO COMPOSTELANO 2010 faremos un gran esforzo por promocionar a tódolos artistas que poidamos que actúen e traballen neste 2010 e dos que se olviden as administracións.
Para iso imos necesitar a vosa axuda!. Si estades interesados en que fagamos unha noticia dun evento en concreto, facédenolo saber mediante un CORREO ELECTRÓNICO, e na medida do posible o compartiremos con todos os VIDEOTEQUEIROS.

Ó referirme a vos, VIDEOTEQUEIROS, síntome moi orgulloso do traballo que levamos facendo dende esta a vosa VIDEOTECA GALEGA que naceu en Xaneiro de 2008.

Nestes dous anos apareceron outras webs posteriormente que partían dunha idea moi similar, coma foi Flocos, páxinas de cine e blogs que utilizan a nosa forma de codificar os arquivos… incluso onte descubrimos que o programa PLANETA FURANCHO (de luns a venres ás 23H na Radio Galega Musica) lles chama os seus seguidores FURANCHEIROS!!!.(sónavos de algo?)

É por iso que vos teño que dar as gracias a vos, galegos, españois, portugueses, arxentinos, brasileiros… (8.000 persoas todos os días… 4 veces o impacto de El Correo Gallego!!!)por toda esa participación, por todo ese recoñecemento implícito ó noso traballo e porque sin vos, que nos seguides e nos apoiades tódolos días, non seríamos máis que un triste blog do ciberespacio. MOITÍSIMAS GRACIAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VIDEOTECA GALEGA!!!

* o video de hoxe foi creado por Factoría Eurodigital Producciones e o autor da canción, como xa víchedes é o Brasileiro Gustavo Almeida

A VIDEOTECA GALEGA