CURTAMETRAXE - PABLO CRECES - DANIEL V. BRAÑAS

Saturday, November 28, 2009 Escrito Por Vecin

Galicia anda baixo a influencia das baixas presións…..Esta expresión estame recordando a Chencho Campos e o seu papel na curtametraxe “A borrasca interior”, que tamén podedes ver na VIDEOTECA GALEGA.

Bueno, sen despirtarnos do asunto que temos entre mans….¿Queredes coñercer a Pablo Creces? Pois Daniel Brañas foi o que ideou esta personaxe coa que participou no 4º concurso de curtas na rede. Daniel xunto cos actores e actrices participantes,( Fernando Carmona, Rafael T. Doldán, Fco. Javier Seoane, Julia Gil-Negrete, Pablo A. Díaz) recrean un ambiente terrorífico….¿ Qué pasaría se as visións de Pablo se volven reais?, ¿Por qué se atopa apresado na cela 73?, non teñades medo, abride a porta e……….

VIDEO - XERACIÓN XABARÍN - SOCI@ BUSCA SOCI@

Friday, November 27, 2009 Escrito Por Vecin

Parece mentira pero xa pasara tanto tempo dende que viu a luz “O Xabarín clube”, aló polo ano 1994 convertíndose en todo un éxito de pantalla entre os cativ@s e os non tan cativ@s. Destacou fundamentalmente polo achegamento dos peques ó universo musical galego da man de grupos como “Os diplomáticos de Monte Alto”,”Killer Barbies”, “Siniestro Total”, “Blood Filloas”…..¿Quén non recorda os seus concertos por diversas cidades e vilas galegas?

No ano 2007 comeza unha nova etapa, cunha imaxe renovada, adaptada as novas xeracións, con novas seccións e con moitas ganas de converterse no referente infantil e xuvenil da música, do audiovisual e canteira para novas promesas galegas no eido cultural galego.

CONTADE NA VIDEOTECA GALEGA as vosas anécdotas respeto ó Xabarín clube.

VIDEO - TARAMBAINAS - MENIÑAS,1º PREMIO A.X. XIRADELA 2008

Wednesday, November 25, 2009 Escrito Por Vecin

Temos a honra de colgar hoxe o video de Tarambainas, unha meniñas que manteñen viva a nosa tradición e cultura a golpe de pandeireta e latón. Recuperando o melloriño da nosa música e reproducíndoa cunha fiabilidade 100% a pesares de que pola súa curta idade non viviron a época na que os lugares e as aldeas galegas eran encontro obrigado de pandereteiras, gaiteiros, regueifeiros…

Parabéns e noraboa non só a estas meniñas senón tamén a quén con bo xeito, segue a difundir, a ensinar parte importante da nosa cultura musical.

PARA HOXE, DENDE LAVADORES(VIGO) UNHA DE TARAMBAINAS.

www.VIDEOTECAGALEGA.es

CURTAMETRAXE - A VERDADEIRA HISTORIA DE W.JOE - RODRIGO PIÑEIRO

Saturday, November 21, 2009 Escrito Por Vecin

A verdadeira historia de W.Joe desenvólvese na Galicia rural da man de Chourizo Films en colaboración coa Asociación “Unha grande chea”. Western á galega no que podemos atopar dende loitas polas terriñas galegas, desamores, fillos ilexítimos e venganzas de homes poderosos…

O bar Germán en Cambados foi testemuña da rodaxe convertíndose por uns días nunha improvisada cantina do vello oeste. Toda unha experiencia dirixida por Rodrigo Piñeiro e con guión de Jacobo Domínguez.

PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

VIDEO - 335 PELLIZCOS SONOROS POR DEBAJO DE LAS ÍES CON RASPADURAS DE A - AVELINO SAAVEDRA E BARTOLOMÉ FERRANDO

Thursday, November 19, 2009 Escrito Por Vecin

Artista plástico,músico, performer, Avelino Saavedra nace no ano 1967 en Santiago de Compostela e aínda que comezou na música de forma autodidacta foise formando ó longo da súa vida. Actualmente compaxina a súa faceta de músico no grupo de música africana Asimewole coa pintura e arte en acción no seu proxecto persoal na música. As súas obras son unha grande miscelánea de cores, sons, acenos, instrumentos de percusión, xoguetes…todo remata por confluir na creación en directo das súas pezas.

Vexamos logo un pouco deste galego que reside dende hai anos en Valencia!

VIDEO - VON-Q

Tuesday, November 17, 2009 Escrito Por Vecin

Unha pena que este grupo se desfixera como me pareceu entender no seu blog… Sei que non é de recibo que diga que aínda, como quen di, acabo de coñecelos e xa non existen como formación…Como un círculo definen eles a súa música, un feixe de músic@s dos máis variopinto que unen talentos para crear melodías vivas cunha fonte de enerxía moi particular os sorrisos da xente.
Von-Q mestizaxe de folk, reagge, rock, flamenco, Bossa, Rumba….con Raquel(voz e percusion menor), Nando(voz, flauta travesa, didgiredoo..), Javi-Zurdo(voz e guitarra), Brandam(guitarra, clarinete, clarinete bajo), Tinxto(Baixo e coros), David Tarteiras(congas, timbales, darbukas), Victor Charlie(caixón flamenco, platos), Jesús-Chusmi, Silvia e Marta(Teatro e malabares) e Gema(Tradución á lingua de signos).

VIDEO - A DESAPARICIÓN DA NEVE - MANUEL RIVAS

Sunday, November 15, 2009 Escrito Por Vecin

Manuel Rivas nado en 1957 na Coruña, escritor, poeta, ensaista e periodista que na actualidade reside en Vimianzo. Tod@s coñecemos “A lingua das Bolboretas”,relato que forma parte do libro ¿Qué me queres, amor?, que foi levada a gran pantalla por Xosé Luis Cuerda no ano 1999.

Posiblemente sexa menos coñecida a súa faceta poética, acostumad@s como nos ten os seus relatos que acompaña sempre dunha reproducción sonora. Pois coa poesía ven de facer o mesmiño; o ano 2009 é testemuña de excepción da última xoia poética de “Manolo Rivas”, “A desaparición da neve” publicado en cuádruple opción idiomática: galego, castelán, catalán e vasco. Un xeito de amosar a riqueza idiomática da península.

“Veñen as palabras a reclamar o seu, o substraído”

Na rede atopamos esta montaxe sonora e visual de gran calidade.