VIDEO - Granpurismo - Pardeconde (con Puto Koke na Tvg)

Friday, October 30, 2009 Escrito Por MonSozinho

De Pardeconde (Esgos, Ourense)é Granpurismo, hiphopeiro afincado en Suiza e que colaborou con El Puto Koke neste tema presentado na TVG con Paco Lodeiro coma conductor de luxo alá polas navidades do 2007. Se ben é certo que Granpurismo non fai a súa maior parte de producción artística en galego, é ben seguro que alá onde vai abandeira o hiphop da nosa terra. No seu momento recibiu o apoio da Radio Galega a través do programa comandado por Xurxo Souto “Aberto por Reformas” pois leva dende o ano 1992 defendendo o seu estilo e xa tivo colaboracións nacionais relevantes coma “Violadores del Verso” ou con xente de primeira liña tamén veciños nosos como o presente El Puto Koke ou Haze. Un exemplo de que a nosa xente sempre fai o mellor en calqueira sitio e situación. Para os amantes da rima e o ritmo, recoméndovos que visitedes Mafia Gallega, unha páxina que aglutina a artistas galegos do ramo, locoooo!! :) Un saúdo e disfrutade del!!!


www.VIDEOTECAGALEGA.es

VIDEO - CHAMALLE XIS - ‘Queremos que a xente o pase ben’

Thursday, October 29, 2009 Escrito Por MonSozinho

Estivemos vendo esta entrevista feita a CHÁMALLE XIS dende A Nosa Terra e queríamos compartilo con vos porque nos gusta o que fan. Veñen de tocar a gaita, xúntanse para tocar porque o pasan ben, non teñen medo a mezclar músicase gañan concursos sendo elixidos por Santiago Auserón. Dende logo este tres teñen unha química que funciona, un esprito constructivo co que se terminan facendo cousas boas, como asi foi!!! Felicidades polo voso traballo e esperamos coincidir nalgún concerto con vos!!!


http://www.VIDEOTECAGALEGA.es

VIDEOCLIP - FRANC3S - Como un caracol entre lobos

Tuesday, October 27, 2009 Escrito Por MonSozinho

De Carballo para o mundo e defendendo o punk de amplio espectro, FRANC3S exportan o seu son personalísimo mezcla de electrónica e poesía. Son un trio formado por duas mozas e un mozo: María tocando a batería, Patuki co teclado e Alberto coma vocalista e guitarra. Ainda que nas súas grabacións atoparedes montóns de arranxos con diversos instrumentos: maracas, arpa de boca, castañuelas, theremin… (siii!! o precioso theremin!!!) Son toda unha construcción musical.
Recibiron moi boas críticas en medios nacionáis como a revista Rock Delux, sonan en medios tan recoñecidos coma Radio 3 e veñen de sacar un novo LP chamado “La exibición de atrocidades“. Non contentos con isto, como todo artista inquedo, plasman a evolución do seu traballo nun blog no que as veces tamén falan de poesía, música e outras artes. Moitas felicidades polo voso traballo e seguide expresándovos para todos nos!!!


*O video foi creado por Alberto Gende e Ivipop
http://www.VIDEOTECAGALEGA.es

VIDEO - A NENA DA PRAIA - TEATRO SCAENAE

Friday, October 23, 2009 Escrito Por Vecin

Creo que vou adquirir como propia a idea de que foi unha nena a creadora das praias, un punto de vista inocente, que nace dos seus ollos mentres é arrolada polo canto do mar.
Nunca un viaxe a Asturias foi tan productivo…unha pequena xoia que forma parte do Universo teatral de Scaenae.

Parabéns para Teatro Scaenae!!!!

CURTAMETRAXE - LA INMISCUCIÓN TERRUPTA - SANDRA GARCÍA REY

Tuesday, October 20, 2009 Escrito Por Vecin

En só uns minutos, a coruñesa Sandra García Rey, (supoño que agora licenciada en C.C da Comunicación), suobo con gran maestría darlle corpo a un dos relatos de Julio Cortázar, posiblemente un dos máis difíciles de comprender, xa que está escrito en gíglico, linguaxe totalmente inventado polo autor.

La inmiscución terrupta, conto que integra a obra “Último Round”, de Julio Cortázar, data do ano 1969….supoño que podería tratarse dunha boa reflexión sobre como falamos, que dicimos, que expresamos e como o expresamos.

“Como no le melga nada que la contradigan, la señora Fifa se acerca a la Tota y ahí nomás le flamenca la cara de un rotundo mofo. Pero la Tota no es inane y de vuelta le arremulga tal acario en pleno tripolio que se lo ladea hasta el copo.

-¡Asquerosa! –brama la señora Fifa, tratando de sonsonarse el ayelmado tripolio que ademenos es de satén rosa. Revoleando una mazoca más bien prolapsa, contracarga a la crimea y consigue marivolarle un suño a la Tota que se desporrona en diagonía y por un momento horadra el raire con sus abroncojantes bocinomias. Por segunda vez se le arrumba un mofo sin merma a flamencarle las mecochas, pero nadie le ha desmunido el encuadre a la Tota sin tener que alanchufarse su contragofia, y así pasa que la señora Fifa contrae una plica de miercolamas a media resma y cuatro peticuras de ésas que no te dan tiempo al vocifugio, y en eso están arremulgándose de ida y de vuelta cuando se ve precivenir al doctor Feta que se inmoluye inclótumo entre las gladiofantas”.

-¡Payahás, payahás! –crona el elegantiorum, sujetirando de las desmecrenzas empebufantes. No ha terminado de halar cuando ya le están manocrujiendo el fano, las colotas, el rijo enjuto y las nalcunias, mofo que arriba y suño al medio y dos miercolanas que para qué.

-¿Te das cuenta? –sinterruge la señora Fifa.

-¡El muy cornaputo! –vociflama la Tota.

Y ahí nomás se recompalmean y fraternulian como si no se hubieran estado polichantando más de cuatro cafotos en plena tetamancia; son así las tofifas y las fitotas, mejor es no terruptarlas porque te desmunen el persiglotio y se quedan tan plopas.

SANDRA GRACIÑAS POR FACERNOS PASAR UN RATO TAN AGRADABLE FACENDO QUE CONFLÚAN NUN INTRE DOUS MUNDOS COMO O DA LITERATURA E O AUDIOVISUAL.

VIDEO - TRAILER “NOITE TRANSFIGURADA” - ALEXIA MUIÑOS

Sunday, October 18, 2009 Escrito Por Vecin

Alexia Muiños, nada na Coruña, cidade na que estudia música no Conservatorio Superior de Música mais se licencia en C.C.Químicas. Unha galega “Itinerante” como a denominan algúns, marcha a Barcelona onde estuda Interpretación e Realización Cinematográfica que cursa paralelamente o seu traballo no ámbito docente e audiovisual.
Como directora realiza varias curtas con GRUP CINEMA ART e funda SF Produccións e no eido da longametraxe nos sorprende coa súa “Noite transfigurada”.

Noite Transfigurada relata a historia de Helena, unha muller que descubre a falsedade da súa relación de parella e a incapacidade desta para afrontala.Unha comedia que profundiza nos personaxes, donos de realidades distintas que conflúen nunha noite e no obxectivo da cámara da protagonista.

Na VIDEOTECA GALEGA gustaríanos saber se Alexia Muiños estivo influencia dalgún xeito pola composición do mesmo nome “Noite Transfigurada”, de Schönberg baseada no poema de Dehmel.

VIDEO - Ana Pillado: ‘Para min, literatura e pintura van da man’ - ANosaterratv

Thursday, October 15, 2009 Escrito Por Vecin

Ana Pillado, nada no ano 1971, Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Destacar dela, aparte dunha especial sensibilidade proxectada nas súas obras adicadas ó mundo infantil, a súa formación autodidacta tanto no eido da pintura, ilustración, cerámica, literatura….
Un video presentación da súa incursión no mundo da literatura “Lila lilaina”.

“A artista Ana Pillado imaxinou as aventuras dunha nena chamada Lila Lilaina, ‘unha Mafalda galega’, unha cativa esperta e rebuldeira. ANT TV falou con ela”.