Wednesday, September 30, 2009 Escrito Por MonSozinho
Este proxecto artístico sincrético toma forma unindo a poesía de Yolanda Castaño co baile de Branca Novoneira, a música de Isaac Garabatos e Jesús Andrés, a voz de Monica de Nut, a videocreación… O arte é un ser vivo non autónomo que depende do uso que fagamos del… si copiamos e repetimos non facemos arte… pero si creamos si. É por iso que resulta un gusto ver propostas tan innovadoras na nosa terra como a coordinada a través de SUL Producciones. Soterrade os prexuizos dunha vez e disfrutade da súa interacción. Tendede a man!!
O único medio totalmente independiente do control político e fora da influencia dos grupos empresariáis é ANDRESSOLO. Decir que “Un provida matou á súa filla porque tentara abortar… e eso é un DES-Madre“.. ten moita miga. Moitas gracias pola túa retanca aceda e aledámonos moito de que estés xa totalmente recuperado da tuberculose. Unha aperta Andrés!!
Tuesday, September 29, 2009 Escrito Por MonSozinho
O video que queriámos compartir con vos é toda unha demostración de que o HipHop é unha cultura viva e contemporánea e en eventos coma O MARISQUIÑO, este macroevento multicultural e multidisciplinar que se fai en Vigo, e xa leva 9 edicións, queda sobrádamente demostrado. O Evento naceu coma competición de Skateboard, pero creceu ate converterse neste ser vivo conformado por arte urbano e deporte urbano. Skate, Breakdance, bicicletas BMX e MTB (Modalidade de Descenso) wakeboard, flatland, concertos de Slowlee, La Mala Rodriguez e varios DJ’s… Non podo deixar de recomendarvos que investiguedes, pois é unha riqueza poder disfrutar deste evento. Saúdos e felicidades á Organización!!
Manecas Costa e Narf (Fran Pérez) conforman ALÓ IRMAO. Desta maridaxe entre o afrobeat do cantante e guitarrista guineano e o noso músico galego, incansable experimentador musical, nace este proxento de música tan intimista e relaxada, pero que nun intre e sin que repares niso, te eleva nun trance tribal DAIALMA :). Como apunte para os músicos e os curiosos, no minuto e cuarenta segundos (1′40′’) mostrase un precioso intre no que graban como Manecas verque auga sobre auga e logo toca percusión sobre ela…. NON TEDES CURIOSIDADE???? Un saudo e disfrutade da máxia da creación heterodoxa, sincrética, diversa…. rica. Un abrazo para eles e moitas gracias por mostrar estes tesouros!!
http://www.youtube.com/watch?v=nJ6ctkysfWM
*O video compárteo Anajimandro
Hoxe presentámosvos os PRIMITIVE. Para aqueles de vos que nos os coñezades, eles son Javier (ex Irmandiños,Embrace me Ocean,Octubre 28) na batería, Sergio (ex Virtual Death, The Codename) coa guitarra, Alvaro (ex Irmandiños,Octubre 28) ó baixo, Nano (ex Adonai, Retus, Amarcord, Icewind) coa guitarra solista e Ula (Kertuler) ocupándose das voces. Coma podedes ver, o seu curriculo laboral no sector do metal é extenso e con moita calidade; É por iso que son uns moi bos abanderados deste sector da música galega. O video está producido por Yago Dopico (Pousada Son Estudios) e dirixido por Abel Sanjuas , ex-Absorbed. As suas influencias veñen de grupos coma Sepultura, Slayer, Motorhead, Exodus… PRIMITIVETrash metal Galego!!! Unha aperta para eles e un saúdo para tódolos seguidores da VIDEOTECA GALEGA
Coma galegos temos a gran honra de atesourar un grupo tan fresco e cheo de enerxía como é Loretta Martin. Adicados ó Funky, esta magnífica banda xa creou temas tan radiados e coñecidos coma “As Cores do Solpor”. Este trio formado por Brais (Voz e guitarra), Iago (Batería e Fran (Baixo) deron moito que falar no panorama moderno. Aqui os tedes nuns bonitos planos dun directo na DOMUS en A Coruña, O Museo Do Home (Museo Interactivo adicado o Ser Humano). Uns grandes músicos si señor!!
Saúdos para eles dende a VIDEOTECA GALEGA!!!
Saturday, September 26, 2009 Escrito Por MonSozinho
Alberto Alonso é un dos nosos asiduos na VIDEOTECA GALEGA. Hoxe, Alberto que sepas que vas a ser homenaxeado polo equipo, non só polo teu traballo, senón por compatir cos internautas as túas pequenas xoias. A Carrioca ven sendo un RETRATO EMOCIONAL, localizado na zona que leva o mesmo nome en San Xoán de Filgueira ( Ferrol, A Coruña). Como compañeira a canción de Antoñita Moreno, “El cordón de mi corpiño”.