En Santiago de Compostela existe un tesouro da música electrónica e o HipHop. DJ Kaze, Pablo Eiroa leva adiante un estudio de grabación adicado á electrónica onde colectivos coma os Vinilo Keepers, Jevy e Malandrómeda, el Puto Koke, Phantom ou dios Ke Te Krew xúntanse a crear e a deixar unha constancia do seu traballo. Savia records é a a súa base; VINILO KEEPERS é o seu proxecto (Dj Kaze, Karmasound, Limbo e Anthony, catro DJ’s con estilos diferentes nos platos nun espectáculo de máis dunha hora dende Santiago DC.). ¿Quen dixo que en Galicia só había bo folk?
Hoxe na VIDEOTECA GALEGA, queremos contar coa axuda do “público”, que ¿Por qué?……Pois porque non somos capaces de atopar demasiada información deste grupo, “The Pernals”, novo grupo galego que xa conta cunha maqueta de 6 temas máis o videoclip que reproducimos. A súa páxina aínda se atopa en construcción.
Un chamamento a todos e todas mais a Sergioweb84 para que amplíe a información sobre o grupo. Namentres nós queda disfrutar da súa música.
Sorte a “The pernals” pola súa emerxente carreira musical.
Fernando Cortizo comeza a súa carreira audiovisual no ano 1996 coa rodaxe do Monstruo da praia, en codirección con Mario Iglesias. Despois de un parón de 5 anos volve coa gravación da curtametraxe Solo. A partires dese momento, é o mundo da animación o que vai contar co seu inxenio. Así entre o 2003 e o 2006 van ver a luz as curtametraxes, rodadas en stop-motion, O Boiro, O ladrón de bonecas, Promesa entre outras.
Tamén conta no seu haber coa longametraxe O apóstolo,stop-motion en plastilina; O seu estreno vaise producir o 25 de Xullo de 2010, facendo que coincida co Ano Santo e coa festividade do Apóstolo.
Hoxe imos poder visionar a súa curtametraxe Leo:
O ventrílocuo Víctor, o seu axudante e o boneco Leo chegan ó fin da súa carreira. O paso dos anos fixo que a relación co boneco se fixese insostenible pola fama e popularidade que acadou Leo en detrimento do seu creador.
Como sabemos que temos moitos seguidores namorados do folk, este video vai adicado a eles. O usuario GARDEN4EVER na súa canle en youtube ten subidos videos onde ensina a tocar a pandeireta e diversos toques/movementos para conseguir sons determindados. Dende a VIDEOTECA GALEGAapoiamos tódo-los movementos e iniciativas que impliquen distribución gratuita de información. Compartir, meus amigos, crea unha sociedade mellor. Un abrazo a todos e moitísimas grazas a Garden4ever!!!
Esta é unha mensaxe enviada por Lolo Arincon que veu acompañando á fotomontaxe que hoxe podedes ver; Pola súa dedicación á musica de máis de 15 anos e o seu esforzo, apoiamos a súa petición de voto para o concurso “A Polo Ghit”: Podedes VOTALO EIQUÍ
“Como ya sabreis la mayoría tengo un tema en el concurso “A polo ghit 09” donde se decide cual será el tema del verano en la radio gallega, tras comenzar el concurso allá por Julio y tras las votaciones pertinentes, este pasado sábado se han publicado ya en la web los 5 finalistas por votos del público y los 5 finalistas seleccionados por un jurado. He quedado el primero por votos del público (no me esperaba menos), y se acaba de abrir una nueva tanda de votaciones entre estos 10 temas durante dos semanas a partir de este sábado pasado.
Espero que visiteis el enlace que os pongo abajo y me voteis: Tema: Lonxe da praia Autor: Lolo Arincón, necesito que me voteis una vez cada día (es lo máximo que permite el concurso) para echarme una mano e intentar conseguir el premio.
Asi que ya sabeis, cada día, en cuanto tengais un rato libre, votadme y prometo que si gano mandaré postales a donde me toque ir a actuar.
Recordad: UN VOTO POR DÍA, DURANTE DOS SEMANAS, LOLO NECESITA, EL TAMBIÉN LO HARÍA POR TI.
Coma case que tódolos domingos, pechamos a semana con un pouco de humor, que marca liña editorial para a vindeira. Sacado da selección que para vós creou, “Seus favoritos en galego” desta vez Andressolo, do departamento de novas tecnoloxías do Frente de Liberaçom do Grelo atopa unha inxustiza na denominación dos dominios das agrupacións de persoas con intereses comúns fronte ó .com (comercial). Espero que vos faga sorrir!!
Moi curiosa é a iniciativa de Mariano Casas no mundo do debuxo (É un dos tres fundadores do Hartismo).
Tiven a sorte de atopar a súa web HARTISMO (FARTISMO), supoño que se trata do resurxir da voz dos artistas que quedaron apagadas, sometidas a intereses económicos, ós negocios das modas efímeras. De aí esta iniciativa baseada na necesidade de alzala voz por riba dos balados que a escravizan, berrando que xa están HARTOS(FARTOS), da ignorancia actual que existe nos salóns oficiais de pintura, fartos de que a atención mediática estea dirixida a un tipo de arte minoritaria, fartos de que a pintura se transforme nun espectáculo de feira para millonarios……..Fartos da arte oficial.
Parece que este movemento artístico ten e terá moito que dicir no mundo da pintura. Convídovos a que pasedes pola súa páxina e botedes unha ollada o que teñen que amosar, moi interesante.
RESCATEMOS O PRACER DE DEBUXAR.
P.D: adicado a un grande pintor José Ramón Sande Formoso.