VIDEO - PROYECTO CUMACO - 6×8 - Hoxe día 29 Xullo ás 23h na Praza do Toural en Santiago
Wednesday, July 29, 2009 Escrito Por MonSozinhoComo xa vos avisamos estas últimas semanas, en Santiago de Compostela e no marco das festas do Apostolo, poderemos disfrutar do interesantísimo concerto de Proyecto Cumaco, o supergrupo do Compostelano Juan Luis Sanchez. Hoxe vou compartir con vos a entrevista que lle fixeron dende A Voz De Galicia de onte, para adornar unha de esas cancións compostas polo grupo. Espero vervos en Compostela!!!
ENTREVISTA
“Os camiños da música levaron a Juan Luis Sánchez (Compostela, 1986) a Barcelona, onde fundou unha banda, Proyecto Cumaco, que fai jazz de fusión con ritmos latinos e funky. Mañá debutan na praza do Toural cun concerto dentro do programa das festas.
-¿Como explica o nome da banda?
-Naceu en Barcelona como un proxecto meu e de David Italiano no seo do Taller de Music, a escola superior na que estudamos. E cumaco é o nome do tambor típico de Venezuela, o país de David. O proxecto está en marcha, medrou e vannos saíndo cousas. Nun ano pasaron moitos músicos polo grupo, pero os definitivos son catro e máis os creadores.
-¿E debutan en Santiago, non si?
-Santiago é o primeiro sitio no que actuamos fóra de Cataluña. E decidimos lanzar aquí a primeira maqueta da banda, cunha portada deseñada por un amigo que tamén é compostelán, Daniel Álvarez. Son seis temas que estarán no disco que agardamos gravar nuns meses.
-¿Cantos temas son seus?
-Hai dous, Funky del Sur e La conga llegó , que cantado soa como lacón gallego, un xogo de palabras que me descubriu un cubano.
-¿Deixou o piano pola percusión?
-Non o deixei, porque compoño ao piano, que é máis íntimo. Pero a percusión ganoulle á música clásica. Descubrina cos grupos que viñan actuar a Santiago, e empecei aquí a estudar con Suso Troncoso e con Leo Pimentel.”