A TORRE DE HÉRCULES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Monday, June 29, 2009 Escrito Por Vecin

A Torre de Hércules data do S.I da nosa era, época na que os romanos o construiron co nome de Farum Brigantium. Forman tamén parte os Petroglifos do Monte dos Bicos que datan da idade de ferro, un cementerio musulmán e un parque das esculturas.
Dende o 27 de Xuño figura inscrita na lista do Patrimonio Mundial da Unesco

De tódolos xeitos podedes ampliar información na páxina da Torre de Hércules, donde atoparedes a historia dende os seus comezos.

COMPARTIMOS ESTA CELEBRACIÓN CON TODAS E TODOS OS GALEGOS!!!!!!!!!!!!!!

SENDERISTADANT

XOÁN ARCO DA VELLA

CURTAMETRAXE - A ÚLTIMA FESTA - IES SALVATERRA DO MIÑO

Saturday, June 27, 2009 Escrito Por Vecin

Porque estas iniciativas merecen ser coñecidas e recoñecidas, porque a súa mensaxe ten que chegar a tódolos mozos e mozas, porque dende a VIDEOTECA GALEGA apoiamos o seu traballo e o seu esforzo….

O Ies Salvaterra do Miño, con unha xenerosa producción audiovisual, acércanos ó consumo das drogas e o alcol na experiencia persoal de Eva.

Atendede a súa mensaxe!!!

MORREU MICHAEL JACKSON

Friday, June 26, 2009 Escrito Por MonSozinho

Tal día coma hoxe, 25 de xuño do 2009, o tamén coñecido Rei do Pop morreu os 50 anos. Este feito colleu por sorpresa á todo o mundo pois viña de anunciar unha última xira por Inglaterra de 50 conciertos… pero non pudo ser. O seu corazón parou e a vida dun dos artistas máis importántes da historia da música e o baile acabou tras enormes momentos que sorprenderon, arrepiaron e emocionaron á xente. Michael Jackson, galego por ter trascendido calqueira nacionalidade… D.E.P.

Coma homenaxe uns videos de Galicia Imitando ó Rei Do Pop.

ESCOLA DE DANZA MEDIA PUNTA (VIGO) 2007

YAGO JACKSON EN VIGO (COLEXIO HOGAR)

PERFORMANCE FRAGA-JACKSON REIVINDICANDO UN PROCESO ELECTORAL LIMPIO

MARATON DE MOONWALK EN PONTEVEDRA

Estes son uns exemplos… como podedes ver… a influencia deste home nos seus contemporáneos… trascenderá, e moito, na historia. Un saúdo para él dende a VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - TALESIEN - EN TU NOMBRE (videoclip do últomo disco : MELANCOLÍA)

Thursday, June 25, 2009 Escrito Por MonSozinho

Os galegos Talesien, exponente do metal feito na nosa comunidade veñen de grabar o seu segundo álbum: “Melancolía“. Dende a súa primeira grabación, alá polo 2002, levan compartido escenario con bandas tan importantes como DIO, Anthrax, RIOT, Marky Ramone, Cradle of Filth, In Extremo, Los suaves, Skizoo, Avalanch, Easy Rider, OBUS, Tierra Santa, Saratoga, Stravaganzza e Barricada; Como podedes ver, un gran traballo duns grandes músicos. Un saúdo para eles e disfrutade da súa música!!
(PD: Déixovos tamén o seu Myspace)

ViDEO - BATITAL - AMOR MENIÑO

Wednesday, June 24, 2009 Escrito Por Vecin

Grupo lucense nado en Novembro do 2007, Batital, atopa nas súas composicións a forma de expresar un gusto heteroxéneo que vai dende a bossa-nova ata estilos musicais tan internacionais coma o tango.
Todo un descubrimento que acabo de facer, hoxe que vimos de celebrar o S. Xoán.

Actualmente atópanse en fase de gravación do seu primeiro traballo. Dende a VIDEOTECA GALEGA desexamos á banda moita sorte nesta nova aventura musical que están a comezar.

Para máis información podedes seguir o seu BLOG, no que nós fan partícipes da súa andaina. Tamén podedes botar unha ollada o seu Myspace.

BATITAL E O SEU AMOR MENIÑO.

CURTAMETRAXE - A OUTRA VÍA

Monday, June 22, 2009 Escrito Por Vecin

Últimamente estame a sorprender gratamente as iniciativas educativas de moitos dos concellos galegos co fin de fomentar a participación dos máis novos e de concienciación en temas tan de actualidade, como neste caso amosa o Concello de Soutomaior. A iniciativa encádrase no programa “Soutomaior en…¡acción!”, que adica o seu 2º encontro da Mocidade a unha temática moi de actualidade nos medios de comunicación, a violencia en tódalas súas manifestacións.

Dende a VIDEOTECA GALEGA seguimos fieis a nosa política interna de apoiar estas iniciativas da mellor forma que sabemos, difundindo o seu contido.

VIDEO - DÍA DA MÚSICA 2009 - Xavier Blanco - Instrumentos Pobres

Sunday, June 21, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hoxe é o día Internacional da Música. aproveitamos dende a VIDEOTECA GALEGA para resaltar o traballo de recuperación de intrumentos tradicionais de Xavier Blanco, os que se usaban en toda-las casas, o lado da lareira, no palleiro, na rúa… era o que había (e o que hai!!); Con todo se pode facer música. Este apaixoado da música e da cultura galega estivo rescatando eses vellos instrumentos, cunchas, culleres, follas de hedra, ferranchos… que recordan os vellos do lugar, e ensínavolo a todos. Esperamos que disfrutedes con esta selección de obras de arte caseiro. Unha aperta para él e un saúdo a todos vos!!!