VIDEO - GUADI GALEGO - PRESENTACIÓN DISCO

Sunday, May 31, 2009 Escrito Por Vecin

Guadi Galego a inconfundible e irrepetible voz de Berrogüeto durante 10 anos….Tra-lo paso pola formación, nos últimos anos participou en proxectos como Nordestin@s` e Espido.

Amadriñada profesionalmente por Uxía Senlle, presentou estes días en Santiago de Compostela o seu primeiro disco en solitario “Benzón”, unha peza de arte feita coa colaboración de letristas, arranxistas, músicos e músicas cos que Gaudi quería contar para dar a luz un proxecto ambicioso na súa creación.
Un pracer para os sentidos made in Galicia!

VIDEO - DJ MIXTERIO - scratching1

Saturday, May 30, 2009 Escrito Por Vecin

O noso amigo Dj Mixterio leva tempo facéndose eco dos novos temas que vai compoñendo…. así que hoxe na VIDEOTECA GALEGA facémonos partícipes do seu bo facer no mundo do hip-hop fusión. Como non temos moita máis información, esperamos que él poida completala ou calquera que o coñeza coa finalidade de difundir o seu estilo.

Sorte e ánimo para este pontevedrés con estilo un tanto mixterioso!!!!!

Podedes escuitar máis temas no seu Myspace

VIDEO - YOLANDA CASTAÑO E SULXEITOS NO C.G.A.C. 2008 (3ª PARTE)

Thursday, May 28, 2009 Escrito Por MonSozinho

Aqui tedes outro fragmento da artista Yolanda Castaño no C.G.A.C. o 2 de Outubro do 2008. Gustoume especialmente este fragmento con Pinocho, polas conversas entrambos, pola ambientación musical de Sulxeitos… Como podedes ver, sempre nas vangardas artísticas. Un saudiño para todos eles de parte da VIDEOTECA GALEGA e que viva a mestizaxe heterodoxa/sincrética!!

CURTAMETRAXE - MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO - RUBÉN COCA

Tuesday, May 26, 2009 Escrito Por Vecin

Que ilusión me fixo atopar hoxe outra das curtametraxes de Rubén Coca; del intentamos seguir a súa traxectoria no mundo audiovisual. Así podemos dicirvos que coa curta La princesa Alegría (2008) ven de gañar o premio Mestre Mateo á mellor curta de ficción, premio que concede a Academia Galega do Audiovisual.
No ano que corre ven de preestrear no festival de Cans “A nena que tiña unha soa orella”, baseado no relato de Lucía Etxebarría “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña”, con ilustraciones de Víctor Coyote.
E a curta que hoxe temos o gusto de visionar “Mínimo Común Múltiplo” non ten nada que envexarlle ás demais xa que estivo nominada á mellor curta de ciencia ficción dos Mestre Mateo no ano 2008.

O mínimo común múltiplo de A e B é o menor dos múltiplos comúns de A e B, é dicir, é o menor elemento do conxunto M(A,B) composto por infinitos elementos.

VIDEO - O SONORO MAXÍN - Festas de San Pedro 27 - 6 - 2008

Sunday, May 24, 2009 Escrito Por MonSozinho

O Sonoro Maxín participou nas festas do barrio de San Pedro en Santiago de Compostela en Xuño do 2008. Actuaron na Noite do Lastro xunto a Labazada e Melech Mechaya, pouco despois da escisión do grupo Lamatumbá, ó que pertencían o guitarrista e o cantante que podedes ver (alomenos). O concerto estivo xenial, e como mostra este botón. Sinto que a calidade do audio non lles faga xustiza, pero a presión sonora foi superior ó que a miña tecnoloxía soportaba daquela. Unha aperta para eles!!

CURTAMETRAXE - CROMAÑON TRIP - FESTA PREHISTORIA DE MOS

Saturday, May 23, 2009 Escrito Por Vecin

¿Non coñecedes a festa da Prehistoria de Mos?, pois cada ano en Agosto, concretamente na parroquia de Santa Eulalia, desenvólvense unha serie de actividades que evocan a prehistoria. A iniciativa e organización é levada a cabo pola Asociación Xuvenil Mos-keo Colectivo. Debe de ser todo un espectáculo porque tamén é parte do paisaxe prehistórico a construcción das chozas.

Así que xa sabedes, se queredes rememorar tempos remotos, probar a vivir e convivir sen tecnoloxía e comodidades, aparte de disfrutar de todas as actividades organizadas, collede as vosas perrucas e harapos….e reservade uns días en Agosto para pasar por Mos.

Na VIDEOTECA GALEGA, tomamos de youtube o video da curtametraxe gañadora do certame 2008.

P.D aproveito para recordar que dende o día 20 ven celebrándose o Festival de Cans 2009 que remata hoxe sábado día 23. Durante estos días esperamos ter novas do que ocurriu durante estes días.

VIDEO - FOLIADA EN CASA DAS CRECHAS (30-3-2009) - Santiago de Compostela

Friday, May 22, 2009 Escrito Por MonSozinho

Un deses momentos máxicos onde músicos que non teñen porqué tocar xuntos habitualmente, acompáñanse creando un ambiente único, cunha sensibilidade irrepetible…. e para todos vos. A Casa Das Crechas é un local de Santiago de Compostela onde sona o Folk e a Worldmusic, o que produce un entorno único para estar relaxado e alegre. Moi recomendable! Non deixedes de visitalo si ides a Santiago. Un saudo!!