VIDEO - JESÚS VECÍN E FIDELA ÁLVAREZ - ARTESANÍA

Thursday, April 30, 2009 Escrito Por Vecin

O día de hoxe voume tomar a licencia de adicarllo a meus avoíños, representación da enerxía que debe acompañarme na vida e inspiración de todas as decisións que tomo.

Jesús Vecín, nado no 1921 e Fidela Álvarez nada no ano 1917, ámbolos dous en Veiga de Brañas (Zanfoga), un pueblín sito na serra do Courel, pertencente a Pedrafita do Cebreiro, que linda coa provincia de León. Como todos os que por alí vivían, meu avó emigrou para manter á familia mentres a avoa quedaba na casa adicada ás labores do fogar, a criar as fillas e a labrar a terra. Hasta eiquí podedes pensar que non teñen nada de especial, que moitos dos vosos avós e avoas fixeron exactamente o mesmo, pero, resulta que Jesús e Fidela son os meus, así que vai para eles.
Jesús traballou de taxista, de mineiro, na construcción,reloxeiro, músico….. pero nunca deixou de lado a afición a reloxería (reconstruíu un reloxo que xa arranxara facía 50 anos e aparece na montaxe, creo que xa é centenario), a construcción de teares e a talla de madeira. Como digo eu, é un inxeñeiro artista, que non necesitou estudos para plasmar nas súas obras a súa personalidade.

Fidela, ademais das tarefas da casiña e como boa costureira acompañou o traballo de Jesús coa confección nos teares de mantas, paños,… a vella usanza!!!

Gustaríame que botásedes un vistazo o seu traballo nesta fotomontaxe-homenaxe acompañada pola música de SONHOS.

VIDEO - Celtic Polynesian Fusion 2 - Ukulele & Pipes

Monday, April 27, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hoxe na VIDEOTECA GALEGA temos unha sorpresa case que incrible. O usuario Ujiomaomao comparte con todos vos éste video no que se pode ver unha GAITA GALEGA interactuando cun UKELELE HAWAIANO e mais un BOMBO PAKISTANÍ. De feito o fan cunha simpatía que é de agradecer porque non sempre o feito de facer música ten que ser un acto litúrxico e sagrado; Tamén pode ser ocio e disfrute. Parece ser que o autor colecciona instrumentos musicais do mundo e…. ou él chegou a nós ou nós chegamos a él, pero o feito é que hai unha gaita galega en Hawai. Olé. Un saúdo a él dende Galicia.

VIDEO - EFRAÍM E XOSÉ MANUEL TABOADA - CAROUSEL. DAVID FRIEDMAN, DAVE SAMULES

Sunday, April 26, 2009 Escrito Por Vecin

Cándido Díaz Muela é o pai e mestre deste xenio da música, Efraím Díaz. Foi seu pai quen o adentrou no mundo do solfeo, da gaita, da flauta e da percusión.
Zuncurrundullo, si, si, ledes ben, é o nome complexo do grupo de Gaitas e Tambores do que forma parte dende 1990 como gaiteiro solista. Pero claro, dun músico tan polifacético non se pode esperar que a súa curiosidade se estanque nun só proxecto, así, dende o ano 2000 é o batería do grupo de heavy “Die- Away”. Iso sin facer mención da longa lista de galardóns e premios acadados todos estos anos.
A día de hoxe e xa máis centrado na súa carreira en solitario, obtén a Beca da fundación Caixa Galicia para primeira obra 2008; fruto dela nace “viaxe por kallaikía”, proxecto en solitario no eido da percusión.

Parabéns dende a VIDEOTECA GALEGA por unha carreira tan intensa no mundo da música.

CURTAMETRAXE - OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO - TOMÁS CONDE E VIRGINIA CURIÁ

Saturday, April 25, 2009 Escrito Por Vecin

Curtametraxe de animación en galego na que Tomás Conde e Virginia Curiá trasladan, no ano 2001, a obra de Ánxel Fole de forma excepcional ó mundo da animación en plastilina.
Virginia Curiá e Tomás Conde comezaron o seu traballo en común no ano 1993, coa creación de Algarabía produccións e que continúa na actualidade con proxectos do máis diverso.
A promesa dun amor eterno que leva os amantes a un cemiterio coa idea de fuxir xuntos….pero esa noite da escuridade xurden voces en castelán que os veciños escoitan…… ¿cal é o segredo que se agocha tras esas verbas?

VIDEO - ANTON CASTRO RODRIGUEZ - DÍA DO LIBRO 2009 NO CEIP DA POBRA DE BROLLÓN

Friday, April 24, 2009 Escrito Por MonSozinho

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS! CHEGAMOS HOXE ÁS 5.000 VISITAS NESTA A VOSA PÁXINA. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES. A ESTAS ALTURAS XA SABEREDES QUE TAMÉN PODEDES INVESTIGAR SOBRE A VIDEOTECA GALEGA EN MYSPACE E EN YOUTUBE. Como ben saberedes onte 23 de abril do 2009 foi o día do libro ; O San Jordi catalán onde ás mulleres se lles regala unha rosa e ós homes un libro. É ben exemplificante dos distintos “usos” estéticos e culturais dos dous xéneros. Ben, esperemos que iso termine desaparecendo algún día. E para exemplificar un acto non machista de celebración do día do libro, no Centro de Educación Infantil e Primaria da Pobra de Brollón convidaron ó magnífico Antón Castro Rodriguez, que en medio de contos cancións e teatro, entretén ós nenos e sin que se den conta, ensínalles a emocionarse, a rir, a perder a vergonza, a expresarse. Un auténtico mago este home. Desexámoslle todo o mellor para él. Unha aperta da VIDEOTECA GALEGA e… MOITAS GRACIAS A TODOS POLAS 5.000 VISITAS!!!

VIDEO - TUNGSTENO EN LOCALIA

Wednesday, April 22, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hola queridos seguidores da VIDEOTECA GALEGA. Hoxe traémosvos ó máis noble dos metais. O Tungsteno. Eles fan Rock&Roll e dentro de pouco poderédelos ver en Santiago e no Pub Torques, cerca de Ourense capital, nunha reunión de moteiros. Tamén en Sarria e mesmo no Cárcere de Monterroso, asi que anímovos a velos porque sonan moi ben. Moitas tablas todas xuntas e boa música nos seus concertos. Un saúdo para eles!!!

VIDEO - bOnOvO Sexta-2ºParte

Tuesday, April 21, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hoxe temos un video de auténtico luxo na VIDEOTECA GALEGA. “Bonovo (a vangarda galega, Folk electroacústico) Propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel que non deixa a ninguén indiferente. As inquedanzas de tres consagrados músicos, na busca dunha nova sonoridade, producen esta fusión de músicas que levan no seu interior. Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño Viascón mesturan tradición e vangarda, explorando máis alá do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes coma o acordeón midi, a batería electrónica e a zanfona electroacústica.”.

Video compartido por Abadatv]