Este é o primeiro videoclip dos composteláns Hyde Casino, pop-rock que eles definen como psicodélico, pouco comercial pero audible, con eses sons de guitarras distorsinadas que son tan protagonistas da súa música. Toda unha aposta forte por innovar, por cambiar o xeito de expresar a través da súa música.
Un pulo moi forte dende a VIDEOTECA GALEGA a Fer, Juna Yeyé, Gon Gurú e Xulio Lens.
A actriz galega, Mariana Expósito Castaño, preside na VIDEOTECA GALEGA, o comezo da semana, ¿Queredes unha ración de fashion-victims?. Pois non tedes máis que atender as súas palabras….toda unha disertación sobre a moda.
Pertence a un monólogo de 11 minutos que foi empregado no proceso de selección dun casting para unha serie de televisión en Madrid.
Rock en estado puro á galega!!!! Sugar Mountain levan tempo no panorama musical, nada máis e nada menos que dende 1999. Estes pontevedreses conseguiron con tesón darse a coñecer no panorama musical nacional, deixando en cada unha das súas actuacións ese sabor do rock sen adulterar, sin mezclas e fusións.
No ano 2004 grabaron o seu primeiro disco “Hand Crafted Tunes”, despois de varias demos e actuacións ó longo de toda a xeografía nacional durante 3 anos. O seu derradeiro traballo titúlase “In the Raw” producido por Eric “Roscoe” Ambel.
O video corresponde a actuación de Sugar Mountain nos Concertos de Radio 3 o 31 de Maio do 2007.
Un pouquiño de humor para estes días tan soleados que temos en Galicia. ¿ Qué pensades que pasa cando o almirante e ministro de Marina Nieto Antúnez se achega a unha pequena aldea maríñeira para reclamar a un “miembro” de segunda da Armada tralo afundimento da fragata Ariete?
Unha situación surrealista a que reflexan en dous minutos de duración os membros de CANLE NIUS.
Para que poidades disfrutar máis do seu humor non perdades MONTE PINDO LIBRE!!
Para celebrar que onte sábado 21 de Marzal ven de celebrarse o día da poesía en Galicia, a VIDEOTECA GALEGA, fai a súa particular homenaxe, rememorando a poesía de Uxío Novoneyra. Nado en 1930 na aldea de Parada de Moreda en plena serra do courel, a pesares de crecer nunha familia labrega acomodada, soubo alzar a voz por riba das montañas e facer que a súa poesía fixese eco no panorama literario galego.
Caen as follas..
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.
Na súa páxina atoparedes tamén a posibilidade de adherirvos para que o día das letras galegas 2010 sexa adicado a Uxío Novoneyra.
Desfrutade desta sinxelo pero lene poema musicado polo tan recoñecido Emilio Cao.
Grupo de folc formado en setembro do ano 1998, vangardista no eido da música tradicional que pretende experimentar e misturar novas melodías empregando os instrumentos de sempre. Está formado por Juan Eiras (acordeón,piano e zanfona), Francisco Eiras (guitarra e baixo sintetizado), Juan Outes (voz e percusións), Begoña Riobó (violín), Enrique Oitabén (frautas de pico e gaitas), Ismael Porto (saxofón soprano) e Beny Mayo (batería).
Despois de tantos anos no panorama folc galego e cunha grande cantidade de premios ás súas costas deciden autoeditar o seu primeiro traballo “Mar de pedra”.
Para vós IRTIO, a dose exacta de música tradicional para hoxe.
Tal día coma onte atopeime a un deses coñecidos de toda a vida. Puxémonos ó día brevemente e froito desa conversa, nace este Post. A VIDEOTECA GALEGA enchese de orgullo ó presentar a NONO, Clown, malabarista, performer e showman en xeral. Ven de pasar algúns anos estudiando en United Kingdom nunha “Universidade de Clown” (¿alguén sabe o nome da escola?). Si señores, porque unha cousa é o gracioso da clase e outra un profesional do HUMOR coma o Señor Don Arturo NONO. Agora que está de volta na Nosa Esquina Preferida Do Mundo, escomeza a preparar traballos xunto ós Compostelanos PISTA CATRO, asi que non lle perdade-la pista a NONO e sobre todo, non deixedes de ver os séus espectáculos!!!