VIDEO - SOUNDSHEPARD - ASESINALO

Friday, February 27, 2009 Escrito Por Vecin

Grupo vigués, ecléctico no seu xeito de compoñer os temas que son unha mistura dos estilos funk, metal, rock. Por tanto a súa música pode escuitarse por unha diversidade de público xa que entenden cada un dos seus temas como un reto, coa intención de sorprender!!!
Dende a VIDEOTECA GALEGA felicitar a Soundshepard pola capacidade de innovar musicalmente e polo bo facer que os leva a uns temas redondos e compactos.

VIDEO - FASGANA - FOTOGRAFÍA

Wednesday, February 25, 2009 Escrito Por Vecin

Fasgana é unha asociación, sen ánimo de lucro, de fotógrafos da natureza de Galicia…ten moi boa pinta, sobre todo o feito de reunirse para fotografar e coñecerse persoalmente.
Non só teñen gusto pola fotografía senón tamén pola conservación da nosa Galicia verde.
Gracias a Fasgana por esta iniciativa, esperamos dende a VIDEOTECA GALEGA poder contribuir a difusión da vosa asociación e facernos partícipes dos vosos logros.

Videotequeiros, non perdades a oportunidade de escuitar o que teñen que contar, ó mellor hasta vós entran ganas de compartir a súa afición.

CURTAMETRAXE - GALICIA 2098 - EDU LAVANDEIRA

Tuesday, February 24, 2009 Escrito Por Vecin

” Os coches non voan, a xente non se teletransporta, os seres humanos non están clonados, as profecías non se cumpriron, agás a que se refire ao galego”.
Así nos presenta Edu Lavandeira a súa curtametraxe, Galicia 2098, que amosa unha visión persoal do autor sobre o futuro do galego, nada cambia agás a situación do galego. Con esta curta Edu Lavandeira presentouse o Certame de Curtas na rede na súa temática de “visións nosas, visións alleas”.

Na VIDEOTECA GALEGA tamén podedes ver De aldeáns, curta dirixida polo mesmo autor.

VIDEO - OS VACALOURAS - VIAJE SIDERAL

Saturday, February 21, 2009 Escrito Por Vecin

Entre que botei uns risos con eles, hai que recoñecerlles pola idade tan curta moita iniciativa no mundo musical. Antes chamábanse Dragonfly, pero cambiárono para non crear confusión, optando desta vez por un nome con raíces galegas. Os vacalouras, grupo de rapaces nados nos 90, fórmano Victor á guitarra, Gabi a súa voz, Nava á batería e José Luis que toca o baixo, según eles, de forma aloucada e destructiva.

Un pulo enorme para estas futuras estrelas do firmamento musical galego!!!!!

VIDEO - KALMA - EN MI MUNDO

Thursday, February 19, 2009 Escrito Por Vecin

O mundo das tendencias pop e rock misturado con letras pegadizas, de esas que recordas cando vas pola rúa e tarareas sen intención de facelo. Kalma nace no Carballiño no ano 2003 coa intención de combinar elegancia e calidade. Belén, Alex , Miguel e Xesús con calma, nunca mellor dito, van facéndose espazo no panorama musical galego.
A actuación corresponde o seu paso polo Supermartes. Sorte e adiante!!!!

Máis información na súa web

VIDEO - OCEAN´S GARDEN - COMA

Wednesday, February 18, 2009 Escrito Por Vecin

Rock progresivo dende Lugo, grupo formado no ano 2004 e que tras un período de “reflexión” volve para dar espectáculo cos seus concertos. As súas influencias van dende Led Zeppelin, Deep Purple pasando por Dream theather, Pain of Salvation etc. A actuación de hoxe corresponde a grabación en Monforte T.V aínda que parece que non están moi contentos co sonido nos regalan case 12 minutos de espectáculo.

Ocean´s garden para todos vós!!!!

CURTAMETRAXE - CECILIA - SABELA IGLESIAS REVIEJO

Tuesday, February 17, 2009 Escrito Por Vecin

Unha visión optimista da vida nos acompaña hoxe, noite de martes. Os desexos que albergamos dende nenos que van esmorecendo a medida que os anos pasan…pero Sabela Iglesias Cereijo ,a directora da curta, proxecta en imaxes positivas o feito de que a vida da muitas oportunidades que hai que saber aproveitar. Moi acertadamente adica o seu traballo a seu avó e avoa. Eu farei o mesmo dende a VIDEOTECA GALEGA, os meus dous avós e dúas avoas dos que aínda teño a sorte de disfrutar e aprender, para eles e para tódolos avós e avoas que teñamos a sorte de que nos sigan.