VIDEO - TRAPOS SUCIOS - TIEMPOS PERDIDOS

Friday, January 30, 2009 Escrito Por MonSozinho

Pois navegando navegando, atopei este videoclip dos “Trapos Sucios” A banda formouse antes do 2003 asi que xa levan uns aniños tocando dende Muros para o mundo. As súas influencias; Barricada, AcDc, Extremoduro… O seu estilo é Rock. Sen concesións. Desa escola de rock crú e rabioso, do que se súa enriba dos escenarios e ó lado das barras dos bares, con quilómotros en furgonetas moitas horas debidas ó sono. Unha homenaxe a eles e o seu traballo e dedicación!!!

VIDEOPOEMA - CIUDAD CIUTAT CIDADE - CARLOS ALBERTO ALONSO

Thursday, January 29, 2009 Escrito Por Vecin

Carlos Alberto Alonso leva con nós dende o comezo da andadura da VIDEOTECA GALEGA, por iso é un verdadeiro placer facer referencia de cando en vez a súa obra.
Esta vez tocoulle a “Ciudad ciutat cidade”, videocreación baseada no poema de Manuel Vázquez Montalbán “Ciudad” e apoiada na imaxe de Adriana Leira.
Unha visión un tanto singular que se aparta das creacións audiovisuais as que estamos acostumados. Saúdos!!

VIDEO - Lord of the Rings - Gollum - Banda Sinfonica da Federacion Galega

Tuesday, January 27, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hola queridos amantes da ARTE en xeral. O video de hoxe queda moi claro no título xa. Queríamos compartir con vos esta peza por un par de razóns. Unha delas é acercar a todo o mundo a música feita por bandas en Galicia. Como vedes, non todo o repertorio está composto por vetustos pasodobles ou marchas militares. O bo traballo do director Xosé Carlos Seráns Oliveira e a Banda Sinfónica da Federación Galega De Bandas Populares prepararon para todos vos unha obra tremendamente actual e con moitísimos seguidores: Lord of the Rings ou o Señor Dos Aneis, como prefirades. Dentro de esta obra, e como segunda razón, escollemos Gollum, terceiro tempo da sinfonia numero dous de Johan de Meij posto que, visto o histrionismo bipolar da personaxe na que está baseada a peza, de seguro resulta ser interesante e sorpresiva. Esperamos que a disfrutedes!!!

VIDEO - Compañía Chevere - Dr Chale vs Planeta Terra

Monday, January 26, 2009 Escrito Por Vecin

Hoxe vouvos presentá-lo traballo dunha compañía heteroxénea, como a compostelana Pista Catro. O video-gag humorístico pertence á Compañía Chévere e resúmeno dende Paz Records da seguinte maneira: “Este é o video que introduce o último espectáculo da Cía. Chévere, un Cabaret Científico que co trasfondo do quecemento global levou por Galicia e Asturias a unha troupe de cómicos, malabaristas, magos e acróbatas. Un espectáculo total divertido e que invita á reflexión acompañado ademáis dunha estupenda banda de música en directo.

Disfrutade do video!!

VIDEO - BRIGADA BRAVO& DÍAZ 2

Sunday, January 25, 2009 Escrito Por Vecin

Germán Díaz vallisoletano nado no ano 1978 ten un gran talento para a zanfona aínda que tamén cursou estudios de percusión. Un home con grandes recursos musicais que traballou cunha grande variadade de artistas e que actualmente compaxina ó seu bo facer en distintas formacións. No ano 1999 foi galardonado con premio “Racimo de oro de la música” polo seu labor de difusión e recopilación da música tradicional.No ano 2004 crea a súa propia discográfica, Producciones efímeras.

Antonio Bravo, foráneo de Riveira, vila de mar que o viu nacer alá polo ano 1966. Toda un xenio e figura na música, comeza o seu andar nela os 13 anos cursando guitarra clásica. Posteriormente estudia guitarra jazz en distintas localidades…O seu currículo é impresionante e así o podedes ver na súa páxina. Actualmente forma parte do profesorado de “Aula de Músicas” en Madrid. Como Germán Díaz participa en varios proxectos entre eles e xunto con Germán na Brigada Bravo & Díaz, aínda que nos últimos tempos centra o seu traballo como solista e compositor no cuarteto “Antonio Bravo Tangentes” grupo de jazz formado no ano 2006.

CONCIERTO NO CAFÉ ESPAÑA

CURTAMETRAXE - O AMIGO DELMIRO - DAVID PARDO GARCÍA

Saturday, January 24, 2009 Escrito Por Vecin

O amigo Delmiro, é a primeira curtametraxe de David Pardo gravada no ano 2000 baseada no relato de Gonzalo Navaza. Pertence as prácticas do EISV (Escola de imaxe e son de Vigo) no que realizou os seus estudos.É licenciado en Publicidad e relacións públicas pola Universidade de Vigo e técnico superior en realización de audiovisuais. Actualmente ven de estrear “Canción sen emoción”.
Con Nacho Abia, Toni Penido e Sabela Díaz creou Sétimoceo produccións coa finalidade de levar a cabo proxectos audiovisuais.

Na VIDEOTECA GALEGA tamén podedes ver MIOPÍA

VIDEO - RAPSODIA GALEGA - BANDA MUNICIPAL ROSALIA DE CASTRO DE PADRON

Thursday, January 22, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hoxe estou un pouco solemne, asi que comparto con vos esta peza composta para ventos, cordas, metais e madeiras. O fragmento corrresponde co segundo movemento da “Rapsodia Galega”, creada por Xoan Montes Capón e interpretada neste caso no “I Certame Galego de Bandas”, organizado pola Federación Galega d … de Musica Populares. Disfrutade da música!!