Hai tempo que queriamos compartir con vos máis videos de esta artista Galega. Lucía Martinez é unha percusionista, baterista, multiinstrumentista Viguesa. Ela disfruta do Jazz, coma podedes escoitar, ainda que tamé xoga coa experimentación e o acercamento ó flamenco e as músicas do mediterraneo (Gran programa que había en Radio 3 os sábados ó mediodía. ¿Segue existindo?).
Un amigo comentounos hai tempo que as mulleres son mellores músicos porque non fan dun grupo algo competitivo senón colaborativo. Non necesitan engrandecer o seu ego con solos hiperveloces e moi chamativos (habería que reenfocar esta cuestión despois do crecemento nestes anos dos programas de “Trunfitos”, porque hai tamén rapazas que se acercan á canción dunha forma “estética”, máis que ética…)
O noso amigo dicía que “elas aportaban a súa música sin artificios innecesarios”.
¿QUE OPINADES DISTO?
NECESITAMOS MÁIS MULLERES INSTRUMENTISTAS!!!!
*Aqui vos deixo outro vídeo, máis para músicos e baterías, dun primero plano de Lucía Martinez tocando, para que aprendades da súa técnica (Chamounos a atención a altura á que colle a baqueta, claro que nós non somos baterías).
Decíame un amigo músico que o “folk era moi malo de fusionar”. A maior parte das música que crecen ensta globalización son negroides; A saber: blues, Jazz, funk, Disco, Flamenco…
Dicíame que “o noso folk ten unha base rítmica ternaria, con moitos tripletes e o aceno na primeira nota”… co que a maridaxe máis natural era coas músicas balcánicas, célticas… europeas. Neste sentido non estamos na corriente maioritaria.
Pero iso non quere decir que teñamos esgotados os caminos de crecemento, fusión e aprendizaxe. Un dos exemplos máis bonitos e claros que podemos desfrutar este luns son GUEZOS, que son unha banda de Ourense que ven de grabar o seu disco “OITO DESTINOS” neste ano 2009 que agora se acaba. Tiveron o GRANDÍSIMO XESTO de LIBERAR A SÚA MÚSICA: PODEDES DESCARGAR O DISCO EIQUI. Esperamos que disfrutedes deles e que nos digades:
¿COÑECEDES ALGÚN GRUPO DE FOLK-FUSIÓN GALEGO?
Una aperta para todos e disfrutade coas festas, os amigos e a familia.
*Por certo, GUEZOS significa “rapaces” en BARALLETE, a lingua dos afiadores!!!
Se tiveramos que ceñirnos ós estereotipos, en Santiago só habería Punk Rock, enVigoHipHop e na CoruñaIndie.
Isto afortunadamente non é en absoluto asi ,pero si que se poden apreciar unhas tendencias musicais diferentes nas distintas zonas do noso país.
¿QUE ESTILO FAN OS GRUPOS GALEGOS NA VOSA ZONA?
Entre outros estilos dos que disfruto moito, gústame especialmente a onda viguesa de música negra. Nela mezclanse funk, hiphop e música disco. Encadraría o funk bailable de Moon Cresta ou o funk experimental e ambiental dos The Bronxson Project… Moitísimos proxectos de calidade cun bo facer envexable. Como resumo, exemplo e punto que me gustaría resaltar, vos deixo o Myspace de VIGO FUNK, páxina onde através dos seus links poderedes chegar a escoitar moi bos grupos galegos. Atoparedes dentro da páxina a outro dos meus favoritos de Galiza: Dorian Gray Quartet, un grupo cun estilo Jazz Rock dos que non abondan moito… e que resultan un placer para as orellas. Seguimos en contacto!!!
Wednesday, December 16, 2009 Escrito Por MonSozinho
Acércanse as festas navideñas e este ano sona con forza a recuperación do APALPADOR, figura tradicional que baixa dos montes galegos para apalparlle as barrigas ós nenos e comprobar que están ben mantidos. A Nosa Terra estivo na festa da asociación A Xentalla do Piche, de Santiago de Compostela e documentou este evento.
Estamos a vivir un momento doce no que á recuperación das figuras culturáis e tradicionáis propias en vez de tirar da importación simbólica. Estos últimos anos sonan con forza en tódolos oidos festas coma o SAMAÍN, de orixe céltica e reconvertida no Hallowen. Agora é o momento DO APALPADOR!!!
¿QUE OUTR@S PERSONAXES POPULARES DA TERRA COÑECEDES?
Neste pasado vran tiven a sorte de poder ver a CUCHUFELLOS nun concerto no concello de A Veiga. Neste pequeno concello cheo de veciños e familias nos meses calidos que a partir do outono valéirase, os CUCHUFELLOS impresionáronme pola limpeza do seu son; Saxofón, trompeta e trombón cunha presencia demoledora que era acompañada polo resto da banda. As intervencións faladas e presentacións dos temas tamén estaba moi plantexadas , e por iso podo decir que foi un inmenso placer disfrutar deles naquel bonito concello no que nos fixeron bailar o ritmo do ska e o rock. Non deixedes de velos e participar da festa que ofrecen!!!
Temos aqui en Galicia unha gran empresa multinacional con selo discográfico propio. En termos futbolísticos é coma un gran equipo que pode sacar adiante unha canteira patria.
Cornelius 1960 son un grupo de Vilagarcía que a través de Blu:Sens Music van lanzar o seu Rock e Pop a 50 países a través desta discográfica e dentro da liña dos reproductores MP4 bautizados co nome do grupo.
Partindo do precepto da sostenibilidade dos negocios, e intentando adaptarse ás esixencias dos mercados globáis, creo que é unha boa oportunidade para os grupos patrios (primeiro os que cantan en inglés) o mandarlle un Book artístico a Blu:Sens Music
Levan pouco co seu selo discográfico e terán que dotar de contido (e tal como é o mercado terán que estudiar a posibilidade de producir eventos). É unha plataforma perfecta e pode ser un nexo de unión entre a enorme canteira que temos en Galicia e o mercado global. Logo chegarán os tempos en que, consolidada e forte poida abrazar ós artistas que se expresen na nosa fermosa língua.
Bo momento para recordarlle ós artistas e productores que a “musicalidade” do galego é maior que a do castelán, máis doce e suaviña para entrar nos mercados Anglosaxóns. Aproveitando as sinerxias coa expansión da música brasileira, que vai ablandando oidos.
Ahi vos queda esta oportunidade e fortaleza do noso mercado. Unha aperta para todos os artistas!!!
Para un día tan frio coma o de hoxe escollemos unha das arte que se soen disfrutar dunha forma recollida e en ambientes cálidos e confortables: A Pintura. Ademáis o ARTISTA GALEGO que esaltamos hoxe transmite moita calidez nas súas obras, polo que é doblemente acertada a súa escolla: “O Pintor de Almas”, José Ramón Sande Formoso.
Si ben soe plasmar a súa xenialidade nas facianas dos centos de nenos que os seus pais quixeron inmortalizar (Que fermoso conservar a esencia da infancia dos teus fillos), José Ramón é capaz de transmitir esa visión sensible e emocionante en todas as súas obras.
Dende o surrealismo impresionista de “A Madonna do Perexil” á realidade costumbrista de “Merenda” ou “O Zapateiro da Troia”, non deixa de sorprender e agradar co seu don.
Grande admirador de Lugris e Quesada, amante das cores e o lápis, “O Pintor de Almas” aporta beleza e sensibilidade a todos os VIDEOTEQUEIROS nun día tan frio coma hoxe. ANIMÁMOVOS A QUE LLE DEIXEDES UNHAMENSAXE NA SÚA WEB!!!