HUMOR GRÁFICO - CARRABOUXO - XOSÉ LOIS

Sunday, November 30, 2008 Escrito Por Vecin

Tiven o placer de coñecer fai pouco a Xosé Lois González alcumado “O carrabouxo” . Humorista gráfico cunha grande personalidade, naceu en Ourense en 1949. Estudou na Universidade laboral de Zamora e xa no ano 1968 fixo a carreira de Telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid.

Dende a VIDEOTECA GALEGA esperamos que nos sigas asombrando con ese humor tan “Carrabouxo” durante moito tempo. Bicos.

O CARRABOUXO acompañado pola música de Lamatumbá.

VIDEO - JAZZMAN - SEMIFINAL “TÚ SI QUE VALES”

Saturday, November 29, 2008 Escrito Por Vecin

Se tendes ocasión de pasar por Santiago de Compostela, e pasear pola zona vella, poderedes percibir unha música que se fusiona ca pedra da Catedral creando sons “espirituais”; Jazzman é toda unha institución na capital aparte dun gran músico que ama a música.
Jazzman isto vai para ti, e para todos aqueles que nos seguen e os que tiveron ocasión de comprobar a nivel nacional que eres un “home do jazz”.

CURTAMETRAXE - ENTRAMBOSMUNDOS - ROBERTO CONDE

Friday, November 28, 2008 Escrito Por Vecin

Curta dirixida por Roberto Conde, con Noa García encargada da fotografía e Iago García da producción. Me da a impresión que na curta abordan en clave de humor o despoboamento das aldeas do rural,…A Breixo pásalle algo… “pero non todo é o que parece amigo”.
Non perdades o sorriso nun día de chuvia coma hoxe!!!!

VIDEO - XURXO MARES - ¡QUÉ BIEN!

Thursday, November 27, 2008 Escrito Por MonSozinho

Atopei este video do cantautor Xurxo Mares e non me puiden resistir. Nel, este Cantautor de a Coruña, lle canta ó nacemento do seu fillo Hugo no Bodega Jazz Vides da mesma cidade Herculina. O Encargado de mesturar esta voz en directo coa historai que acompaña á presentación é Jose Luis Ducid do que xa vístedes na VIDEOTECA GALEGA a curtametraxe “Unha Estrella

VIDEO - Morte - A Skull Full of Maggots - Tnt Santiago 13 Enero 08

Tuesday, November 25, 2008 Escrito Por MonSozinho

Hoxe, para afastá-la friaxe que esta fronte de baixas temperaturas vai deixar por riba de nos esta semana, propóñovos un sano exercicio de empatía. ¿cantos de vos PARTICIPÁCHEDES nun concerto de Brutal Death (subrama musical dos metais extremos)? Pois ben, máis ou menos o que se ven sentindo é ísto que vedes eiquí: Movemento, empuxóns, saltos, exercicio físico, esforzo e … nin gota de frio (incluso a persona que LEVANTAN EN VOLANDAS. Garantízavolo a VIDEOTECA GALEGA (garantía ISO de eficiencia enerxética pendente). Se queredes coñecer mellor a estos mozos, eles son os Morte, grupo compostelán que neste video interpretan “A Skull Full of Maggots”, versión da famosa banda de Buffalo, New York, Cannibal Corpse, adicados principalmente ó Death Metal.

Lugar, como non o pub TNT de Santiago de Compostela.

CURTAMETRAXE - EL FRUTO DEL TEDIO - RUBÉN COCA

Monday, November 24, 2008 Escrito Por Vecin

¿ Qué pasa cando dous amigos que se reunen tódolos días no mesmo banco do mesmo parque, mudan a súa perspectiva?
Rubén Coca relata de forma orixinal unha historia basada nunha situación cotiá…
Naceu en 1977 en Ferrol, é director, productor, montador….podemos calificalo de polifacético no eido audivisual. Non perdades a oportunidade de ler o seu Curriculum e por suposto de ver a curta.BOASSS!

HUMOR - GALIZA HUMOR AUTOCTONO III

Sunday, November 23, 2008 Escrito Por Vecin

Domingo, día de descanso para todos e todas e traballo para outras/os….E como vai de humor autóctono galego, vou aproveitar para deixarvos parte da nosa tradición popular en forma de refrán:

“En outono, bota as patacas e garda cedo as vacas”