CURTAMETRAXE - DON SEÑOR Y EL HOMBRE DEL SUEÑO - JUAN IGNACIO ABIA

Friday, October 31, 2008 Escrito Por Vecin

Estiven disfrutando de CURTOCIRCUITO ata o 24 de Outubro, por unha parte felicitar a toda a organización por facer que este cine en cápsulas teña un recoñecemento internacional e por outra banda, que sexa un evento que se consolida no tempo. O audiovisual galego está a pegar un xiro exponencial en canto a calidade. Boa mostra é “Don señor y el hombre del sueño”, curtametraxe gañadora da categoría galega.
Desfrutade da VIDEOTECA GALEGA nesta fría noite de venres.

VIDEO - FOLIADA DE CERCEDO - XOSÉ MANUEL BUDIÑO, MERCEDES PEÓN E LEILÍA

Thursday, October 30, 2008 Escrito Por Vecin

A Gala do 25 xullo 2006 encargouse de reunir a dous grandes da música galega, tanto polas súas traxectorias como pola dedicación á música galega. Nada hai que dicir de Mercedes Peón que non saibades. Remítome a entradas anteriores da VIDEOTECA GALEGA.
Leilía a que tamén recoñeceredes formado por Felisa Segade, Monserrat Rivera, Ana Rodriguez, Mercedes Rodriguez, Patricia Segade e Rosario Rodriguez.
E por último o gaiteiro por excelencia, sen despreciar a cantidade de gaiteiros, grandes profesionales que temos en Galicia. Digamos que Budiño é xunto a Carlos Núñez un dos gaiteiros galegos máis mediáticos.
Se queredes saber máis sobre ó mundo dos gaiteiros, aproveitade o tempo diante do ordenador e botade unha ollada a AGG(ASOCIACIÓN GALEGA DE GAITEIROS).

VIDEOCREACIÓN - INFATUATION - ALEXIA MUIÑOS

Wednesday, October 29, 2008 Escrito Por Vecin

Alexia Muiños, artista polifacética que nos encanta, coas súas videocreacións, tal vez por esa peculiar forma de tratalas historias, narradas en primeira persoa moi preto da expresión poética. Dela tivéchedes a ocasión de ver na VIDEOTECA GALEGA, Poetry short.

CURTAMETRAXE - HAI QUE BOTALOS, ¿NUNCA MÁIS? - C.A.ALONSO

Escrito Por Vecin

Porque hai cousas que non debemos esquencer, que forman parte da nosa historia, que é preciso ter en conta para evitar futuras catástrofes. O noso patrimonio natural é moi importante e parece mentira que non nos demos conta ó marxe de conflictos políticos. Se trata dunha cuestión social, dun problema da sociedade civil que debería ser máis participativa.
Gracias a Carlos Alberto Alonso por reflectir, aínda que sexa en clave política, unha das peores catástrofes naturais de Galicia. Creo que non o esqueceremos.
Podedes ver tamén na VIDEOTECA GALEGA, “As Muxicas” de C.A.Alonso.

VIDEO - NARF E MANECAS COSTA - ESTA NOITE_ALÓ IRMAO

Tuesday, October 28, 2008 Escrito Por Vecin

Que mellor dúo que o formado por Narf, galego de gran talento musical, e Manecas Costa, guineano afincado en Lisboa, cunha grande reputación como músico no seu país de orixe.
Unha canción, que transmite na súa letra…. e como é unha recomendación externa a Videoteca galega…. dámoslle as gracias a Belén e reproduzo as súas palabras que son resumo dun sentimento:

“Palabras desas que chegan ao fondo sen que sexa preciso acompañalas de sons, nin de imaxes. Letras que fan que un ás veces atope nelas a forma de expresar o que leva dentro”.

Gracias Belén por adicarnos e suxerirnos esta fermosa canción.

HUMOR - A Nosa Terra TV - Humor Neghro (Carlos Blanco e Manecas Costa)

Monday, October 27, 2008 Escrito Por MonSozinho

Hoxe a VIDEOTECA GALEGA tráevos o necesario humor, a dose de empatía constructiva e vigorizante que necesitaredes para esta semana. Levo toda a semana viaxando por fora de Galicia, e hai que ver que afastados estamos de todo… hasta da emigración!!!. A densidade de poboación emigrante na nosa terra é ínfima comparado coa de Madrid, a Capital Españolista (Que diría o amigo Andressolo, un saúdo para alá). É por iso que me decidín a compartir este video con vos. O humorista, actor e presentador Carlos Blanco, do terruño, comparte espectáculo con Manecas Costa, músico africano. Blanco e Negro, por igual, ofrecéndonos o mellor que se lle pode dar a unha persoa: Un momento de felicidade. Un abrazo para todos os seguidores da VIDEOTECA GALEGA e MOITAS GRAZAS por esas 2412 VISITAS!!!!. O equipo de persoas que traballamos en esto vivimos emocionalmente de cada comentario voso nos post, cada persoa que entra e disfruta da nosa Selección Cultural Galega e cada frase de apoio que nos deixades nos videos. IMOS A POLAS 3000!!!

VIDEO- FOTOMONTAXE GALICIA-VIDEOTECAGALEGA

Sunday, October 26, 2008 Escrito Por Vecin

Un agasallo para todos os que nós seguen día a día, semana a semana, mes a mes…..A VIDEOTECA GALEGA recopila nas súas viaxes parte do noso patrimonio natural.
Un placer para os sentidos acompañado da música lene de Sonhos e a súa versión da Lavandeira da Noite.