Si, si , xa sei que Urban Trad non é un grupo galego senón belga. ¿Qué ten logo de peculiar para aparecer nomeado na VIDEOTECA GALEGA?. A resposta é tan sinxela como que unha das súas cantantes é galega.
Verónica Codesal, filla de emigrantes galegos de Guitiriz e nada en Bélxica, exerce aló de profesora de danza tradicional do grupo FOLIADA. É vocalista, pandereteira e gaiteira dos grupos IALMA (do que tivechedes a ocasión de ver un video na VIDEOTECA GALEGA), CAMAXE e URBAN TRAD. Con este derradeiro grupo participou en EUROVISIÓN 2003, co tema “Sanomi”.
Seguindo as recomendacións de Roi, músico e fillo de músico e o que á VIDEOTECA GALEGA aprecia sobre todo por ser un gran coñecedor da cultura folc da nosa terra e do fóra da nosa terra, adicámoslle o día de hoxe a Bellón Maceiras dúo.
Bellón-Maceiras dúo nace da mixtura de dous instrumentos tan galegos como a gaita e o acordeón no ano 2005.
Recoméndovos que fagades unha visita á páxina de Bellón Maceiras dúo porque non ten desperdicio.
VAI POR TI ROI E GRACIÑAS DENDE A VIDEOTECA GALEGA.
O eterno dilema que terá o ser humano e co que irá para o cadaleito……. ¿Non sabedes de que se trata?, pois cal é ese compoñente tan segredo que fai que a Coca Cola sexa tan especial. Parece que Pista Catro ten unha teoría cando non interesante, eso sí, en clave de humor.
Pela del Álamo é un galego nado no ano 1979 e licenciado pola Universidade de Madrid en Comunicación Audiovisual.
En Cuarta pista Pela del Álamo achégase ó mundo do documental, tratando o tema da vida dos profesionais do circo, despois da súa experiencia co Novo circo de Compostela no ano 2005.
Coa participación entre outros de Colectivo PistaCatro, Leo Bassi, Xesús Ron, Luis Tosar, Jango Edwards.
Un colectivo profesional pouco tratado a nivel documental e que nos alegramos que Pela del Álamo tivera a iniciativa de vivilo e retratalo.
Como se cita ó comezo da mediatraxe:
“Se o público non ven o circo, eu irei o público” Dario Fo. Deixovos coa Cuarta Pista onde se recrean as mellores actuacións.
Un pequeno espacio para Patricia Castelao……A medicina perdería unha profesional pero a ilustración gañou unha artista. Dende a VIDEOTECA GALEGA, namorada dos seu debuxos……… para ti Patricia.
Desfrutade desta escolma de parte da obra desta estradense que espero nos siga sorprendendo durante moito tempo.
Gracias a Martiño Ramos por acercarnos á obra de Patricia a través desta composición colgada na súa canle de Youtube.
“Cortometraje escrito en colaboración con Antonio Grimalt. Guión ganador del concurso “Imaxes para un centenario” convocado por la Xunta de Galicia. Fue rodado en 1997 en la Praza de Santa María de la ciudad de Lugo, con el propósito de conmemorar la primera proyección de cine, en esa precisa localización, 100 años atrás. “Unha Estrella” recibió siete nominaciones de la Asociación Galega de Productores Independientes -AGAPI- en 1999”.
Para todos OS MÚSICOS que viven a música!!!!!!!!!!!
Tendes curiosidade por escoitar o xa mítico tema de Rocky da man de Álvaro Costas and Hot Band….e por riba coa gaita, todo un logro…non é por ser patriota pero sona moito mellor. Se daquela houbera esta versión habiamos levar un Grammy polo menos.
Se queredes saber máis deles como grupo, non tendes máis que entrar no seu Myspace.