HUMOR - Andressolo - Agressom Espanholista (Os meus preferidos en galego)

Sunday, August 31, 2008 Escrito Por MonSozinho

Benvidos de novo á VIDEOTECA GALEGA!!! Xa que mañá volve a ser luns, estamos encantados de ofrecervos un pouquiño de humor para excitar o voso sistema simpático. Desta volta, a aventura de Andressolo o leva a presentar un adianto informativo dunha alarma social…. gravísima!!! Saúdos a todos e pasade boa semana que ainda hai luz e algo de calorciño.

VIDEO - GRUPO GALEGOZ - Aranhoto Galegoz style

Escrito Por Vecin

Grupo compostelán que nace no 2005 da man de Denís Mutante e Marcos Payno….a súa finalidade: a combinación de distintas disciplinas como a música, teatro etc.
Así que en 2006 e despois da súa iniciativa deciden converter ese proxecto en realidade con GALEGOZ.
Para vós, da man da discográfica OUVIRMOS que co disco de Galegoz da comezo a un selo que apoia a novos creadores, música electrónica fusionada.

VIDEO - MIGUEL COSTAS - BAJA EL PANTALÓN

Saturday, August 30, 2008 Escrito Por Vecin

Divertido video de Miguel Costas, músico lugués que deu lugar ó comezo de grupos como “Los ratones”, “Siniestro total”…
Volve ó panorama musical cun novo disco “CONDENADOS A COSTAS”, cun grupo de recente creación que pretende transmitir un ambiente desenfadado nos seus temas. Tamén podedes ver o seu blog

CURTAMETRAXE - SIRENAS - MARIANO CASAS

Thursday, August 28, 2008 Escrito Por Vecin

Co gran talento de Mariano Casas nos topamos cunha curtametraxe, cando non orixinal!!!!.
Tal e como se presenta na canle de Youtube reproducimos na Videoteca as súas palabras:

“La prestigiosa productora británica THAMBRE desplaza un sofisticado equipo de grabación robotizada a Galicia para realizar un inquietante documental sobre unas sirenas que los lugareños dicen haber visto.
Este es el resultado “.

VIDEO - Anesthesia - Teatro Da Dor

Wednesday, August 27, 2008 Escrito Por MonSozinho

Aqui temos unha cancion de Thrash Metal dos teenses Anesthesia. E ademáis en galego!!. Reivindico o galego coma linguaxe de expresión na música, que tanto inglis estanos a colonizar as orellas. Da igual que cantes pop, rock ,funk hiphop, jazz, heavy ou incluso que cantes techno… (….).. pero proba a compoñer en galego!!, de seguro que obtés algo interesante. Saudos!!!

DANZA - NOVA GALEGA DE DANZA - ENGADO

Escrito Por Vecin

Do seu disco “ENGADO”, NOVA GALEGA DE DANZA presentan este magnífico espectáculo de danza contempóranea e música.
NGD nace no ano 1988, resultado da iniciativa dos bailaríns Vicente Colomer e Jaime P. Díaz, nun intento de fusionar a música folklórica máis a danza contemporánea. Pouco a pouco foron sucedéndose as incorporacións do resto dos seus compoñentes ata conformar NGD ( ficha técnica para ampliar información).

CURTAMETRAXE - HUEVO - MCCD

Tuesday, August 26, 2008 Escrito Por Vecin

Do Máster de comunicación e creación dixital da Coruña presentamos outra das súas animacións…… Unha breve composición de futuros profesionais do audiovisual….Para que logo digan que en Galicia non temos CALIDADE!!!