Dirixidas por Juan de Oliveira, estas curtametraxes de comedia…A primeira parte “El atrevimiento del señor Carrak”, grabado no festival On/Off de Ribadeo no ano 2006.
Non contentos coa primeira parte, veñen de dar a coñecer a segunda “O talento do señor Carrak” no festival On/Off de Ribadeo 2007, no que mantén ese tono de comedia neste caso musical.
Do mesmo programa retransmitido pola TVG “O país das mil músicas” pola celebración do Apóstolo mostrámosvos unha actuación espóntanea de Maruxa(chamada Eclíptica orbita), que domina o arte de tocar as cunchas, acompañada de Vinila von Bismark granadina, cantante do grupo Krakovia…entre outras facetas(dj,burlesque and fetish..).
A pesares de non ser galega Vinila alomenos intenta acercarse a nosa cultura con esa forma tan burlona de tocar as cunchas.
Bueno señor@s, aqui temos un novo dato que vos anuncia o inicio dunha nova semana veraniega. Un pouco de humor da man da VIDEOTECA GALEGA!!! Desta volta ofrecémosvos o 5º monólogo de Rober Bodegas. Este cómico e humorista defende que dende que lle caeu o chanpú anticaspa por riba do televisor… non se volveu a ver telecinco!!! hahahaha!!!. Pasade unha boa semana e disfrutade das cousas pequenas, sinxelas e que non costan traballo, porque para cousa difíciles xa temos unha manchea. Unha aperta para todos.
Onte avisoume o encargado da programación cultural da Casa Das Crechas de que existía este video (ou algún similar). A verdade é que si que tivo pinta de ser unha boa festa! Ver a tanto músico mezclado e pasándoo ben entre amigos, dando un concerto tan enérxico e animado, é un disfrute tanto para os participantes activos coma para os pasivos… ainda que parece que de pasivos… pouco!! Todo o mundo a bailar e disfrutar coa Banda Das Crechas!!!
Tema interpretado no programa da TVG “O país das mil músicas” que se retransmitiu pola celebración da festividade do Apóstolo de Santiago de Compostela. Ialma grupo asentado en Bruselas e formado por cinco cantareiras e o Puto Coke do que xa tivéchedes ocasión de ver algún video na Videoteca.
Como adición, dous bailaríns ¿espontáneos?
A VIDEOTECA GALEGA non pode deixar de resaltar este evento que tódolos mércores se fai no mítico Pub Casa Das Crechas en Santiago de Compostela. As foliadas que se dan nos campos das festas dos pobos e das aldeas manteñense vivas no entorno más urbanita que é Santiago, soterradas no baixo deste sobranceiro local da capital galega, a cal se atopa inmersa na súa semana grande: As Festas do Apostol.
Nesta ocasión vemos en primeira liña o rapaz que se encarga da programación cultural, que ó mesmo tempo é un magnífico flautista, tocando cóbado con cóbado con músicos pertencentes a bandas tan reseñables coma Berrogüeto. Asoi que supoño que o resto dos músicos tamén teran o súa valía recoñecida. UNha gran aperta para todos eles e para todos vos dende a VIDEOTECA GALEGA!!
Como a VIDEOTECA é unha namorada deste clásico tan noso e pola enerxía que lle imprime o que canta, ademais de ser un dos galegos máis versionados, adicamos este espazo ó tema “Pois eu” de Andrés do Barro…..Cunha excelente panorámica do Santiago daqueles anos e as súas xentes….non perdades as vistas da viaxe na parte traseira dun camión que pertence a unha secuencia da súa película “En la red de mi canción”.