VIDEO - Moondogs Blues Party - Childhood Soul

Monday, June 30, 2008 Escrito Por Vecin

A súa música é fresca, sen ensaios infinitos de horas, unha improvisación que sona coma o primeiro día…. Grupo da Coruña que segundo as palabras de Cristina Corral nunha nota de prensa:

“Mientras toca con energía la guitarra arranca su vozarrón, que parece venir de una de las plantaciones algodoneras del mismo Mississippi. Cierra los ojos con gesto de dolor cuando habla de este en sus canciones, y es que cuando canta es como si los compases de sus melodías le transportasen a los años en los que el mismísimo diablo se paseaba por los bares de Nueva Orleans comprando el alma de algunos músicos negros”.
O seu último disco ” O cadelo lunático”, está a descargar no seu Myspace por se vos interesa.

CURTAMETRAXE - EL MOLINILLO - MASTER EN CREACIÓN DIGITAL CORUÑA

Escrito Por Vecin

Animación para un día de calor!!!!
Estos días son para disfrutar das súas noites, por iso recurro ás creacións do Máster de Creación digital da Coruña. Unha historia entrañable que ten como guión a inocencia dos nenos que tanto olvidamos os maiores.

HUMOR - Andressolo - Os Meus Preferidos En Galego - Monolinho Celta

Sunday, June 29, 2008 Escrito Por MonSozinho

Benvidos a un Luns que pode ser o principio dunha nova realidade. E para axudarvos a todos a que esa realidade sexa más alegre e feliz…comezamos a semana con humor; Aqui vos deixo unha mostra do traballo de Andressolo. O Monolinho Celta faravos sonrir deseguro!

VIDEO - Concerto Fusión de Música Galega e Cubana - 1ª Parte

Escrito Por MonSozinho

Encadrada na polémica Feria do libro de La Habana, en Febreiro de 2008, esta actuación nos ofrece o mellor de dous mundos intensamente relacionados dende hai décadas, centos, de anos. Nos emigramos, volvimos, eles viñeron… agora comezamos a poder falar entre nos coas nosas línguas similares, pero diferentes. Un saudo videotequeiros.

VIDEO - ENSAIO DA ORQUESTRA DE MÚSICA ESPONTÁNEA DE GALICIA (OMEGA) - SALA NASA

Saturday, June 28, 2008 Escrito Por Vecin

Buscando na web atopei este curioso video de un fragmento do ensaio na Sala Nasa de Omega; Trátase dunha orquestra de improvisación libre formada por unha veintena de artistas galegos ó redor do Centro de Novas Tecnoloxías do Picro Sacro.
Nas súas actuacións interveñen xoguetes, contos infantiles, instrumentos acústicos, free-jazz, textos…
A verdade e que ten bastante de espóntaneo senón fixádevos atentamente.

VIDEO - MÚSICA GALEGA NA PRAZA DO OBRADOIRO

Friday, June 27, 2008 Escrito Por Vecin

Un pequeno aceno a todos os músicos que amenizan co seu bo facer os veráns nunha das cidades máis emblemáticas de Galicia como é Santiago de Compostela.
Entre tanto turista pervive con eles o espíritu galego.

VIDEO - SON DE SEU - A CAMPOSA

Escrito Por Vecin

Orquesta folc que nace dunha experiencia musical no Consevatorio de música tradicional da Escola de Artes de Vigo a partires do 2001 e déronse a coñecer no festival de Ortigueira na súa 25º edición. Confórmano uns 35 músicos entre alumnos e profesores ó estilo dunha sinfónica pero de folc ¿non?.
Aparte de se compoñer por grandes músicos, teñen unha posta en escena moi atractiva,estética e cuidada.
Dende a Videoteca expresamos a nosa admiración por un traballo con tan bo gusto.