CURTAMETRAXE - De Aldeanos - Edu Lavandeira

Saturday, May 31, 2008 Escrito Por Vecin

Dirección, guión e montaxe Primer Premio na categoría de Lingua Galega no I Festival de curtametraxes “Curtas na rede”. Edu Lavandeira fai nesta curta unha reflexión bastante orixinal sobre do espazo que ocupa a nosa lingua con respeto do castelán no pensar dalgúns dos nosos paisanos. Ese punto de vista no que o galego é unha lingua de segunda e por riba e que resulta que é unha marca que determina unha forma de ser; Quen será máis aldeán?, podedes opinar se queredes e facernos saber a vosa opinión.

VIDEO - Mutenrohi - James Brown´s March - Noon Lassies

Friday, May 30, 2008 Escrito Por MonSozinho

Bueno, hoxe por ser venres e estar nunha hora temprana, por si vedes a VIDEOTECA GALEGA dende un piso onde haxa unha festa, ou si nos visitades xusto antes de sair a dar unha voltiña, aqui vos queda un video de Mutenrohi, grupo folk con moita historia xa. O folk é festa!!!! Desta vez vese piquiniño, pero ainda que sexa un punto de vista lonxano, o punto do ouvido témolo ben afinado ou?. Disfrutade del e boa fin de semana!

VIDEO - Sonoro Maxin - Rúa Do Perigo

Escrito Por MonSozinho

Hai uns días vos puxera o video de “Camiños”, de Lamatumba e quedara eu coa dúbida de qué fora do cantante anterior. Pois ben, o amigo Palito deixoume coma comentario a resposta: Na banda Sonora Maxín! E aqui os tedes. Como novo dato que desta vez podo aportar eu, engado que o guitarrista tamén pertencía a Lamatumbá. Un saudo a todos, gracias a Palito por aportar algo más de riqueza a esta a nosa wiki-TECA GALEGA!!!

VIDEO - Deluxe - Que no

Thursday, May 29, 2008 Escrito Por Vecin

Deluxe, apelativo tras ó que se agocha Xoel López que comezou a súa carreira musical en grupos como Los Covers, de tendencia mod, ou Elephant Band. O tema recomendado dende a Videoteca galega, pola forza que transmite e por ser destas pezas necesarias para afrontar a mañá coas pilas cargadas, pertence o seu segundo disco “If things were to go wrong”. No seu Myspace define a súa tendencia como pop, alternativa e folk rock.

CURTAMETRAXE - Empanada de ameixa - Quique Otero

Escrito Por Vecin

Vai de un que anda ás navallas e de unha que anda ás ameixas…….Proxectado no Festival de Cans no ano 2007, no jalpón friki, deuse por chamarlle porno lírico, polo seu actor principal , Miguel de Lira ou porno galaico denominan outros. Non olvidemos a Fátima do Biche a súa protagonista feminina.

VIDEOCREACIÓN - A vergoña do galego

Wednesday, May 28, 2008 Escrito Por Vecin

O eido do programa da Cultura Circula ( pretendeu acercar as diversas comarcas galegas carpas cheas de actividades musicais, escénicas, audiovisuais e educativas) pertence esta proxección, que penso non necesita máis que observar sen palabras unha representación exacta dun dos costumes galegos máis enraigados….. e senón comprobádeo vós mesmos.

VIDEO - Pelo gato 24 - Migallas - Debaixo da figueira

Escrito Por Vecin

Traballo impulsado e producido pola Asociación de gaiteiros galegos realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión cultural e Pai-música.Trátase dunha aposta pola recopilación da música tradicional que boa falta fai, sobre todo a día de hoxe onde as cantigas tradicionais van morrendo pouco a pouco, como morren as aldeas e a Galicia máis floklórica.

P.D. Dende a videoteca queremos homenaxear a unha das nosas seguidoras, que apoia a noso esforzo por ensinarvos máis da cultura galega. Gracias Paula pola túa sensibilidade coa cultura galega.