Curioso video dunha actuación para o programa da TVG “En Pé De Festa”. O Grupo acáboo de coñecer… estas son as boas cousas que ten o facer a videoteca. Estou ampliando o meu repertorio de coñecementos de música en Galicia increíblemente. Guezos son un grupo de Ourense que se adica o rock celta, folk-pop… Levan 3 discos grabados e podedes coñecer máis deles, se vos chistan, na súa Wiki. Boa noite!
Pois estos días estou jazzeiro asi que vos convido a ver este video, continuación do que hai un tempo vos puxen. Non existe a parte 2.. non sei si estará mal enumerado ou se perdeu no intento, pero de todas formas tedes aqui case sete minutos da actuación do guitarrista de Bueu Serafín Carballo xunto a éste gran guitarrista flamenco que é Cuchús Pimentel, tamén galego, e que comezou os seus estudios de guitarra en Lugo e Vigo, conservatorio no que coincidiu con Serafín.
Aqui podedes ver que se complementan moi ben. Un saúdo.
Aínda que levamos pouco tempo de vida, hoxe cumprimos xa as 400 visitas. Grazas a todos os que fan posible que sigamos na rede, a fiestra aberta a compartir e aprender cada día máis da nosa cultura.
Para vós, un dos clásicos galegos.
Bueno, e como dende a Videoteca Galega intentamos facervos a vida un pouquiño máis agradable, pensando en que os luns lle poden pesar a máis de un, gustaríame que lle botásedes una ollada a este monólogo do xenial Rober Bodegas. Xa veredes como despois diso ides comeza-la mañán cunnha sensación de benestar xeralizada. Un saudo e bo día!
Unha festa importante é o que montan estes individuos no escenario. Neste tema de Fía Na Roca que grabaron para a Radio Galega podedes escoitar unha fusión de estilos ben curiosa. Levan dende 1993 grabando discos e o seu último traballo “Vente Vindo” é o primeiro no que se meten voces, co que é un paso máis cara adiante desta fantástica banda de Folk: os Fia Na Roca
Curtametraxe de Alber Ponte, finalista no concurso NOTODOFILMFEST 2007. Comparto esta curta con vós, sobre todo polo seu actor principal, Juan José Docampo Regengo, máis coñecido polo seu seudónimo, Chencho Campos. A súa andadura artística comeza de moi novo na música formando parte de varios grupos ata chegados os 30 anos. No cine destacar a súa participación en curtametraxes, longametraxes ( “Ni en sueños”, entre outras dirixida por Alber Ponte, creador da curta que vós presento na videoteca) e tamén o seu labor coma director, guionista e compositor de varios videoclips, dunha curtametraxe “Por una mujer” e varias bandas sonoras para cine e televisión. Bastante polifacético!!!.
Como creo que queda claro no título do post, isto non é para infantes de oidos virxináis. De éstes faloume Victor, que traballa no famoso TNT de Santiago e é o cantante de Cadalso (banda de Vigo da cal intentarei poñervos algo en breve). Preséntovos os
Machetazo!!
Banda de grindcore e death metal de A Coruña . Xuntáronse en 1994 co que levan a friolera de 14 anos facendo música. Isto no underground é todo un hito, pois é moi dificil sobrevivir coma banda cando aparecen fillos, traballos, mozas, cambios de residencia… Si queredes ver o que pode ter traballado unha banda de fora dos circuitos comerciais máis habituais… un par de páxinas; A súa Wiki é http://es.wikipedia.org/wiki/Machetazo,e a páxina oficial http://www.machetazo.org.