Parece que o panorama Hiphop galego está empezando a despertar e mostra delo é a producción desta maqueta por OQ que ten unha pinta chulisima, coa participación de Dj Kaze (como non) e Erin, Pedrito, Lema, Asoul, El Galgo… Grabado por Savia Records.
Tamén do programa Noites de Xolda, neste pequeno video podemos ver o baixista Álvaro Murás interpretando el só un tema funky. Para amantes do instrumento e da interpretación en xeral.
Video da actuación do polifacético David Taboada xunto con Juande, ex-percusionista e teclista dos Semos Peligrosos(actualmente en Taller de Musics, Barcelona, e que cando volva, vai dar moito do que falar en Galicia) no programa Noites de Xolda, da televisión local de Lugo.
Para celebrar os 25 anos de existencia de esta banda excepcional, van a sacar un dvd recopilatorio da historia. A favor da operación, o refesco que en moitas das nosas memorias vai supoñer o ver e rever material que forma parte do noso código xenético, e en contra, que din por ahí que non participan nas entrevistas os moitísimos músicos que xa non forman parte da banda. De todas formas un disfrute asegurado que nos ofrece “Hormigonera”.
Non son todos galegos, pero son netos de… ou ainda que simplemente sexan amigos, para facer música con alguén, so fai falla escoitar a unha persona que te escoite: “Un grupo de músicos prepararon no ISA (A Habana), un repertorio histórico galego-cubano tratado con liberdade creativa e interpretativa e con amplitude de estéticas sonoras.
Jazz latino e folc europeo. Espectáculo que conta con músicos e bailaríns dirixidos por Marco Teira, Alejandro Vargas, Xabier Díaz e Ardiel Vargas”. Sacado do diario http://www.anosaterra.org
Quero incluir este video, que ainda que non ten unha calidade de audio precisamente boa, sérveme para decírvos que hoxe en Vigo, na sala Anoeta tocan os Morte (que cantan en galego, ainda que para os que non teñan o oido acostumado ó metal extremo non o poderían descifrar na vida!!) xunto con Natan(Bel) + Formaldehyde(Por) + Basiliades + Swg por 5 euros, nun festival organizado por SOLUCIÓNS EXTREMAS (productora). Podedes ver máis en http://www.myspace.com/mortedep ou en http://www.myspace.com/solucionsextremas
Xoven grupo de metal, do estilo de Tool que están moi ven valorados por ahi adiante. A verdade e que ainda non os vin en directo, pero si sonan a metade que no video ( e soe ser o revés… os grupos ganan nos directos!!) vale a pena asistir os concertos.