CURTAS NA REDE - Yolanda Castaño - Videopoema

Friday, February 29, 2008 Escrito Por MonSozinho

Esta galeguiña nada no 1977 (corrixo o dato que puxera mal) demostra que pode tocar case que todos os paus na creación literaria, audiovisual…facédevos unha ideia do seu traballo, aí vai…….

PASARRÚAS - Trópico de grelos - percusión

Escrito Por MonSozinho

Agora traio un pouco do trópico máis galego, ” trópico de grelos”, coa súa percusión trasladámonos por uns intres as rúas de BraAaSsIlL!

CURTAMETRAXE - Sanatorio

Escrito Por MonSozinho

Outra curta, esta de Xacobo Paz. ¿Un sanatorio.. que pasará nel?

CURTAMETRAXE - Galiza

Escrito Por MonSozinho

Esta curta, que o é, realmente, pois dura un minuto, está acompañada dunha banda sonora creada polo grupo Trem Fantasma e si os órganos de oir non me enganan, está a voz en off de Luis Tosar narrando mentras acontece a historia… A curta ven presentada xunto coa frase lapidaria e descriptiva de…”En Galiza todos esperamos a que algén dé o primeiro paso, máis ninguén o dá”

VIDEOCLIP - Aphonnic - Little Girl

Escrito Por MonSozinho

Potente banda Viguesa da onda dos Coilbox, Deftones ou Korn que seguen a estela dos desaparecidos Kannon (tamén de Vigo). Aparte dun sonido potente e ben logrado, a calidade dos temas a redondean cuns directos moi coidados.

VIDEO - Eskakeo - Pemán

Escrito Por MonSozinho

Mítico video da TVG e o Luar, onde estes Ferrolterranos deixaron pegada cun tema no que cariñosamente lle dixeron a José María Pemán, home sempiterno do tempo en Galicia, que non daba unha. Canta razón levaban!
O tema é moi pegadizo e alegre. O mellor para eles, que siguen en activo dende hai moitos anos… Outro dia vos poño más videos deles. Saudos!

VIDEO - Pulsar - Promocional

Escrito Por MonSozinho

Eles defínense como banda de Emo-Metal e son da Coruña; A verdade é que non estou moi posto nas variedades de Emo… pero estes rapaces sonan potentes e rabiosos. Un saúdo para eles.