¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ FELIZ E PRÓSPERO 2009 !!!!!!!!!!

Wednesday, December 31, 2008 Escrito Por MonSozinho

Dende a VIDEOTECA GALEGA queremos agradecervos a todos o apoio brindado cos vosos comentarios, os videos que nos enviades e as ideas que nos aportades. Foi este un ano culturalmente completo para nós. Descubrimos un universo creativo do que aprendemos tódolos días e do que non albiscamos horizonte. Tal é a diversidade de creadores da nosa terra que as propostas dos galegos nacen e xeran interese en todo o mundo.
De Cataluña a Colombia, de Madrid a China, Venezuela, México, Mauritania, Perú, Finlandia, Washington… moitos son os lugares dende onde disfrutan dos nosos contidos, e isto anímanos a continuar divulgando con éxito ós pequenos filliños de todos estos artistas galegos, que dende a nosa terra ou dende outras lonxanas tratan de aportar un gran de area ó oceano que supón a cultura contemporánea galega. Nós, dende a VIDEOTECA GALEGA tratamos de espallar ese conxunto para que neste mundo global non sexamos fagocitados polas inmensas maiorías.

E para agradecérvolo dunha forma un pouco máis persoal, hoxe vamos a compartir con vós ese videos de corte navideño que nos fúchedes enviando estos días. MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E FELIZ ANO 2009!!!!!

XOAN ARCO DA VELLA - SORTE NO 2009

TONO CARBAJO - FELIZ AÑO

COUSASCATIVAS - BO NADAL DENDE VIGO

ETERNIA7 - BO NADAL

EDELMIRO007 - FELICES FESTAS E ANINOVO 2009

ATA O ANO QUE VEN!! E COIDADO COAS UVAS, QUE SUBEN Á CABEZA. APERTAS!!!

VIDEO - LEILÍA - VAI DANDO A VOLTA

Tuesday, December 30, 2008 Escrito Por Vecin

Estamos a piques de acabalo ano e comezar o 2009, que mellor que facelo cun grupo tan recoñecido como “ LEILÍA“. As súas compoñentes: Felisa Segade, Monserrat Rivera, Ana Rodriguez, Mercedes Rodriguez, Rosario Rodriguez e Patricia Segade, grupo de cantareiras que alá polo ano 1989 deciden, baixo o nome dunhas coplas galegas, formar Leilía, eso sí acompañadas polos seus músicos Xoán Porto,Guillermo Fernández, Matilde Balseiro,Juan Carlos Durán, Alfredo Teijeiro.
Dende a VIDEOTECA GALEGA agradecer ó labor de difusión e proxección internacional que levan a facer dende hai tantos anos.

CURTAMETRAXE - EL REGALO DE SOFÍA - OSCAR PARDO

Monday, December 29, 2008 Escrito Por Vecin

Con guión e dirección de Oscar Pardo preséntasenos “El regalo de Sofía”, unha psicodélica historia de amor, entre as dúas personaxes que encarnan Iria Vázquez e Rubén de Marina.
A música póñena Iván Salgado e Tino Álvarez e como tema final pódese escuitar “Wartz of pleasure” do grupo Aphonnic de Vigo.

HUMOR - ANDRESSOLO - XENTE KLAUS E ACTUALIZACIÓN DIVINA

Sunday, December 28, 2008 Escrito Por MonSozinho

Queridos seguidores da VIDEOTECA GALEGA, hoxe coma cada domingo presentámosvos un pouco de humor para que o voso sistema inmunitario e os vosos abdomináis estean un pouquiño máis fortes.
O amigo Andressolo traballou para todos vós un par de escenas de corte navideño… Nunha delas fala de algo en relación ó pasado 25 de decembro, e noutro do vindeiro 1 de xaneiro…
¿QUE SE LLE PASARÁ POLA CABEZA DESTA VEZ? (Risas waranteed)

ACTUALIZACIÓN DIVINA

XENTE KLAUS

TEATRO - A MIÑOCA - TEATRO DE CADAQUÉN

Friday, December 26, 2008 Escrito Por Vecin

Un pouquiño de teatro que anda algo olvidado… A actuación de hoxe corresponde o grupo “TEATRO DE CADAQUEN”, formado por tres cómicos que alternan a súa faceta máis teatral coa súa vida como traballadores de a cotío. A grabación foi realizada por ComunicArteGalicia na SalaSon de Cangas de Morrazo.

Mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 19:00 horas, poderedes ver a obra “Diz que Diz” da compañía portuguesa Teatro do Frio.
En Vigo poderedes ver o estreno da ” Boa persoa de Sezuán” no Centro sociocultural Caixanova, ás 20:30.

CURTAMETRAXE - QUE LLE PASA A PEPE PISTOLA - ANDRÉS GOTEIRA

Thursday, December 25, 2008 Escrito Por Vecin

A terceira curtametraxe de Andrés Goteira neste día de NADAL 2008, todos estaredes na casiña escapando ó frío que fai fóra. ¿Qué mellor que aproveitar e disfrutar da curta de Andrés Goteira?.Producida por Gaitafilmes , productora meirense de produccións independentes e coa banda sonora de “The bluesomes”, grupo coruñés formado por “Chesko”, “Bitoiro”, “Suso” y “Dubi”.
Unha curtametraxe surrealista….. ou polo menos así a tildan na canle de youtube, coa música como personaxe obrigada.

VIDEO - LOS REYES DEL KO (extracto do documental)

Wednesday, December 24, 2008 Escrito Por MonSozinho

Vaia, tanto tempo que levamos xuntos e ainda non vos presentara a Los Reyes del KO. Adrian Costa (voz e guitarrra) e Marcos Coll (harmónica e voces) son de Santiago de Compostela. Hay unha quincena de anos eran grandes músicos locales, pero o traballo, a constancia e un pouco de dotación natural eleváronos á categoría de músicos profesionáis.
Decidiron desenrolar a súa carreira dende alemania posto que é moito máis céntrica en canto ó que o mundo se refire e con sede alá dan centos de concertos en todo o mundo. Uns xenios do blues, dos que tiven a sorte de escoitar ensaiar algunha vez, grandes personas e magníficos representantes de Galicia máis alá das nosas fronteiras. Todo o mellor para éles e disfrutade deste tremendo video feito cunha perspectiva moi boa.