DIDÁCTICA - FAZER MÚSICA NA CASA (CO ORDENADOR) - PROJECTO MOURENTE
Tuesday, February 16, 2010 Escrito Por MonSozinhoEncántanos atopar este tipo de videos. Músicos explicando cómo fan música, como usan as novas tecnoloxías e porqué. Unha hora e media de información da man de PROJECTO MOURENTE Dende logo se non fora por almas inquedas coma as dos artistas, a difusión da cultura sería moito máis lenta… elitista… capitalizada… vamos… un asquiño. Pero para axudar as almas nobles estamós nós. VIDEOTECA GALEGA quérevos avisar ós amantes do ELECTRO-POP, esta corrente de música sinxela e bailable, cértamente relacionada coa música dos 80, que HOXE NA SALA NASA poderedes disfrutar dun concerto de PROJECTO MOURENTE. No seu Myspace podedes ver videoclips e directos do grupo. Disfrutade!!!
*Tamén poderedes disfrutar hoxe das actuacións no AUDITORIO DE GALICIA en Compostela da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA dirixida por X.C. Seráns ás 11 da mañá e xa pola noitiña ás 21h da REAL FILHARMÓNICA DE GALICIA da man do seu director Antoni Ros, na que interpretarán un programa composto por obras de Beethoven, Wolf e Mendel entre outros. Espero que vos guste o cartel de hoxe; Vangarda e clasicismo a partes iguáis!!! ;)
VIDEO DE CARLOS NUÑEZ COA R.F.G EN CUBA (FEIRA DO LIBRO 2008)