VIDEO - Xan Campos Quinteto no IV CISM de Salceda de Caselas
Tuesday, February 16, 2010 Escrito Por MonSozinhoHoxe actuará o músico de Jazz Xan Campos en formato de Trio no Pub A Borriquita de Belem. Gústame moito este pianista, e vos sorprenderá a súa traxectoria e número de grabacións. Compositor, arreglista e intérprete, as súas composicións teñen un algo de contemporáneas, frescas e imaxinativas que deixa ó Jazz en moi bo lugar, coma o que debe ser; Un espazo libre para a composición e a interpretación non encorsetada. Xa o puidéchedes escoitar na valorada Radio 3. Agora que o penso, evócame por momentos e temas a Miles Davis. Esperamos que disfrutedes del tanto comá nós e non deixedes de escoitar as cancións do seu Myspace para levar unha boa idea do que fai (HIGLY RECOMMENDED!!!)