VIDEO - CARLOS BLANCO NO CLUBE DA COMEDIA

Monday, February 8, 2010 Escrito Por Vecin

Qué máis podemos pedir ó humor intelixente deste home nado en Vilagarcía de Arousa, que conta no seu haber cunha longa traxectoria teatral, como autor e director, televisiva, como presentador e actor en distintas series…e que entrou no mundo do cine avalado por un extenso currículo profesional.

Ó mellor pensades que estou a ser demasiado subxectiva, pero despois de visualizar e escuitar un dos seus monólogos recibes de golpe unha sobredosis de retranca galega que fai que teñas un sorriso de orella a orella durante un bo anaco.

Déixovos con Carlos Blanco e o seu “retranqueiro” retrato de Santiago de Compostela e o Xacobeo.