CURTAMETRAXE - O SOLDADIÑO DE CHUMBO - VIRGINIA CURIÁ E TOMÁS CONDE
Saturday, January 23, 2010 Escrito Por VecinFai tempo que non me pasaba por eiquí para traervos novas da rede no eido audiovisual….pero que saibades que non teño pensado desaparecer; Hoxe dende a casa e con unha gripe importante quérovos deixar enlazado o derradeiro descubrimento audiovisual….debido a febrícula que padezo tampouco vou ser demasiado orixinal e como o video xa vai acompañado dunha boa descripción, vou pasar a reproducila:
“O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Así mesmo, a curtametraxe vén de estar seleccionada no importante festival internacional de stop motion 2009 Montreal Stop-Motion Film Festival . Tamén ten vocación internacional a largometraxe Estigmas , producido pola empresa coruñesa I.B.Cinema, que foi seleccionado para representar a España na mostra Spanish Cinema Now!, que se celebra anualmente no Lincoln Center de Nova Iorque, e que terá lugar entre o 4 e o 24 de decembro. Estigmas , dirixido por Adán Aliaga, gañou o pasado sábado o premio Pilar Miró na Sección Oficial da Seminci de Valladolid.
Ademais destes dous recoñecementos O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona.
A curtametraxe, que conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña, e coa composición musical de Emilio Aragón, continúa así a súa andadura por festivais tanto estatais como internacionais.
A curtametraxe de animación ‘O Soldadiño de Chumbo’, producida por Continental Animación e Algarabía, e dirixida por Virxinia Curiá e Tomás Conde, vén de recoller dous galardóns no festival REC 09, celebrado na localidade asturiana de Llanes, e no Festival Pata Negra, da vila de Guijuelo (Madrid).”