VIDEO - SEMOS PELIGROSOS - EL SENTIDO DE HACER

Friday, January 22, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hoxe anunciámovos un concerto en Ordes ás 23 horas. Desbrozadora e Semos Peligrosos actuarán de balde na sala Badulake.

Desbrozadora nace no verÁn do 2009 de man de Xusto (I’m Drunk, Extincion, Deathwalking Terror) e Couselo (Nois D’anjrois) coa intencion de meter unha chea de barullo en estilos poco habituais nas suas bandas… pero con toda a leria o proxecto tornase un chisco mais serio o ter xa varios temas definidos, nese intre e na procura dun vocalista encontran dous: Victor (I’m Drunk, ex-Cadalso) e Paula (Tanatopraxia avanzada, Vaginal grinder e autora do Podrezine!) que nun principio intentan darlle xogo as duas voces, escribindo os temas para facelos asi, pero Paula ten que marchar de Compostela quedando a banda con só unha voz. Definido todo isto, chega o momento clave… encontrar un baixista para pechar a formacion, o requisito esta xa claro: querer desbrozar por ahi endiante, polo local pasa Donato (Nightcrawler bassman) que nese momento estaba o 100% para darlles un empurron os rondadores, co que finalmente Adrian (Extincion) chega e pecha as fiestras co seu bo facer ritmico quedando a actual formacion.

Semos Peligrosos, pola súa banda leva 16 anos facendo música en directo, cousa que xa plasmaron en 6 cd’s; Agora mesmo están retocando o seu 7º disco, que será un disco doble, no que poderedes atopar en cada volume unha escolma de temas representativos da súa historia e tamén un CD coas cancións que representan o seu presente musical; Coma sempre, SEMOS PELIGROSOS, non deixa indiferente a ninguén.

Disfrutade do video VIDEOTEQUEIROS, e animádevos a ir ó concerto!!!

A VIDEOTECA GALEGA