VIDEO - LUCIA MARTINEZ CUARTETO - Sala Contrabajo, Vigo

Friday, December 18, 2009 Escrito Por MonSozinho

Hai tempo que queriamos compartir con vos máis videos de esta artista Galega. Lucía Martinez é unha percusionista, baterista, multiinstrumentista Viguesa. Ela disfruta do Jazz, coma podedes escoitar, ainda que tamé xoga coa experimentación e o acercamento ó flamenco e as músicas do mediterraneo (Gran programa que había en Radio 3 os sábados ó mediodía. ¿Segue existindo?).

Un amigo comentounos hai tempo que as mulleres son mellores músicos porque non fan dun grupo algo competitivo senón colaborativo. Non necesitan engrandecer o seu ego con solos hiperveloces e moi chamativos (habería que reenfocar esta cuestión despois do crecemento nestes anos dos programas de “Trunfitos”, porque hai tamén rapazas que se acercan á canción dunha forma “estética”, máis que ética…)
O noso amigo dicía que “elas aportaban a súa música sin artificios innecesarios”.

¿QUE OPINADES DISTO?

NECESITAMOS MÁIS MULLERES INSTRUMENTISTAS!!!!

*Aqui vos deixo outro vídeo, máis para músicos e baterías, dun primero plano de Lucía Martinez tocando, para que aprendades da súa técnica (Chamounos a atención a altura á que colle a baqueta, claro que nós non somos baterías).

A VIDEOTECA GALEGA