O repertorio deste grupo cangués vai dende reinterpretacións de artistas como Norah Jones, Corinne Bailey…pasando pola interpretación de temas máis clásicos e dos propios en clave funky;
Formado pola voz de Nerea, Gabi á guitarra, Moncho no baixo, Alex ao piano e Anxela na batería.
Todo un descubrimento para unha noite de sábado en clave de blues, para os que apaguen a súa melancolía con boa compaña e a dose exacta de música espiritual.
Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!
“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!
Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.
Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.
Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
Thursday, February 18, 2010 Escrito Por MonSozinho
Clarinetes e Jazz, acordeón, percusión e músicas do mundo fusionado cancioneros galegos nunha coctelera “pop” e o proxecto destes 6 músicos. CUARTETO CARAMUXO son Alonso caxade, Fernando Abreu, Felipe Agell, Oscar Prieto, Patricia Cela e Xoan Carlos Vázquez (vaia para o cuarteto!!!!). Taballaron obras propias e de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos). A súa proposta intimista e persoal foi presentada no 2009 e se déixa escoitar moi ben. Neste tema en concreto estiveron acompañados pola aloumiñadora guitarra funky de Pablo Carrera tamén coñecido coma “Pablus” no Centro Sociocultural Caixanova de Vigo. Como podedes ver no video, teñen un directo moi simpático e estético. Os aplausos de público son ben merecidos… OUTRO GRAN APLAUSO DA VIDEOTECA GALEGA!!!!
Esperadísimo concerto o de hoxe para o panorama metaleiro de Galicia. Este cartel conforma un dos mellores bastións do rock duro e o metal xoven e emerxente de Galicia. As tres bandas, os Palmeirenses TEVRA e os Compostelanos PRIMITIVE e CODENAME destacan por unha calidade musical e unha presencia no escenario máis que envexable; Si vos gusta o Rock Duro non podedes deixar de acudir o concerto na Compostelana Sala Nasa, porque ningunha das bandas vos vai defraudar; O precio das entradas é 5€!!!!! por ver ás tres bandas. Déixovos os videos das 3 bandas para que xa non teñades nin que pensalo. Isto é o que is ingleses chaman un “Must Be” do METAL GALEGO.