Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

VIDEO - PALABRAS PÓSTUMAS - MONTY PRIETO

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por Vecin

Fai uns intres tiven a oportunidade de falar con Monty Prieto, rapeiro de 31 anos, de palabra fluída e agradable no trato que pouco a pouco foi construíndo unha carreira con base sólidas que está a despegar na actualidade.

E aínda despois de tantos anos no mundo do Hip Hop recoñece sentir esas cóxegas que o acompañan dende o comezo da súa carreira, que o fan sentirse ilusionado como un cativo con cada actuación, con cada entrevista, con cada paso co que fai da súa música, unha forma de vida.

Graciñas Monty por compartir a túa música.

Tendes máis información no seu Myspace. Nel tamén poderedes ler algunhas das entrevistas feitas a Monty na prensa escrita, na radio e disfrutar dos seus videos musicais.
Podedes acceder ao seu Facebook.

UN POUCO DE PALABRAS PÓSTUMAS!!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - GRAN PURISMO - ROSA DÍEZ (GALLEGO FREESTYLE)

Friday, March 19, 2010 Escrito Por MonSozinho

Dende Suiza, o noso galego emigrado respóndelle a Rosa Díez en clave de RaP. Despóis de ter aldraxado e re-aldraxado a cultura galega, despois dos ataques e defensas de diferentes actores (ou malos humoristas, coma no caso dun tal Arcadi Espadas), os representantes dos diversos colectivos reaccionan. Gran Purismo, con raíces en Ourense e a través de Play Pictures ten algo que decirlle a Rosa Díez:

* Gracias Gran Purismo por ser a voz pública de moitos ;)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - DJ ROJO - Con el apoyo de SLOWLEE Y MARTE

Thursday, February 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hoxe atopei unha impovisación para compartir con vos. O Underground segue a ser unha das nosas fontes de cultura máis importantes e DJ ROJO exalta o hiphop dende hai tempo, e é co apoio de Slowlee e Marte, que traballan dende os estudios ZOMBEATS en Vilagarcía co que esta expresión da cultura contemporánea é posible para moitos dos artistas que teñen algo que dicir no HipHop.
Como podedes ver DJ ROJO non é manco precisamente e fai un bo uso do Crossover e das agullas. Con estilo, como debe ser!!! Porque ningunha música debería ser unha carreira de velocidade… é máis… eu son da opinión que a música faise cos “silencios que están entre as notas”. Moitas felicidades a DJ Rojo pola súa música e todo o noso apoio os ZOMBEATS, que para quen non o saiba, é a continuación do xermolo creado hai tempo por El Ser y Ser… e a cousa continúa!!!

(ollo o detalle do amigo coa pala de obra por detrás!!!)

A VIDEOTECA GALEGA

Enquisa - ¿Que queredes ter na VIDEOTECA GALEGA?

Sunday, February 14, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!