Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

Escrito Por

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - CUARTETO CARAMUXO - INVERNIA - TIRURIRU

Thursday, February 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Clarinetes e Jazz, acordeón, percusión e músicas do mundo fusionado cancioneros galegos nunha coctelera “pop” e o proxecto destes 6 músicos. CUARTETO CARAMUXO son Alonso caxade, Fernando Abreu, Felipe Agell, Oscar Prieto, Patricia Cela e Xoan Carlos Vázquez (vaia para o cuarteto!!!!). Taballaron obras propias e de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos). A súa proposta intimista e persoal foi presentada no 2009 e se déixa escoitar moi ben. Neste tema en concreto estiveron acompañados pola aloumiñadora guitarra funky de Pablo Carrera tamén coñecido coma “Pablus” no Centro Sociocultural Caixanova de Vigo. Como podedes ver no video, teñen un directo moi simpático e estético. Os aplausos de público son ben merecidos… OUTRO GRAN APLAUSO DA VIDEOTECA GALEGA!!!!

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - Xan Campos Quinteto no IV CISM de Salceda de Caselas

Tuesday, February 16, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hoxe actuará o músico de Jazz Xan Campos en formato de Trio no Pub A Borriquita de Belem. Gústame moito este pianista, e vos sorprenderá a súa traxectoria e número de grabacións. Compositor, arreglista e intérprete, as súas composicións teñen un algo de contemporáneas, frescas e imaxinativas que deixa ó Jazz en moi bo lugar, coma o que debe ser; Un espazo libre para a composición e a interpretación non encorsetada. Xa o puidéchedes escoitar na valorada Radio 3. Agora que o penso, evócame por momentos e temas a Miles Davis. Esperamos que disfrutedes del tanto comá nós e non deixedes de escoitar as cancións do seu Myspace para levar unha boa idea do que fai (HIGLY RECOMMENDED!!!)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - PHANTOM CLUB - Estado de Bienestar

Escrito Por MonSozinho

Tui e Vigo son as sedes dalgúns dos galegos que participan na banda. O rock clásico e o funk son algunhas das súas influencias, e Arxentina é o outro polo da colaboración nesta banda. Xa participaron Ariel Roth ou Andy Chango, por poñer un exemplo.
Si no seu primeiro disco, Funksiona! no ano 2007 PHANTOM CLUB xa chamara a atención (O video que compartimos hoxe pertence a ese disco), polo que foron de xira recorrendo a península; O segundo “Muchas Noches, Buenas Gracias“, gravado en directo (nótese a profesionalidade dos músicos…) promete chegrar máis lonxe todavía. Por certo, gañaron o “Premio Maketon de Estrella Galicia ó Mellor Directo“. Creo que son un garante dun bo concerto, dun bo rato disfrutando da música en directo. Un saudiño para todos vós!!!

A VIDEOTECA GALEGA