Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!
“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!
Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.
Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.
Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
A banda Arxentina ONE, tributo á banda QUEEN, xira por España este Marzo do 2010.
O precio das entradas é 12€ anticipada e 15€ en taquilla.
Posiblemente, o máis preto que podes estar de ver un espectáculo de Queen co gran Freddie Mercury!!!(Pola calidade, claroestá!).
DATAS DE MARZO
11 marzo. - VIGO- SALA MONDO: ONE + kathaarsys. 21h
12 marzo.- OURENSE (ás 24h)
13 marzo.- SANTIAGO De.COMPOSTELA (Xunto ós galegos TUNGSTENO) Sala Capitol, 21h
18 marzo.- SANTANDER: ONE + Kathaarsys
19 marzo.- PONFERRADA: ONE + Kathaarsys (Entrada 10€-12€)
20 marzo.- XIXÓN: ONE + Kathaarsys
21 marzo.- LUGO (Pendente de Coonfirmación)
26 marzo.- LISBOA (Pendente de confirmación)
27 marzo.- SEVILLA
28 marzo.- TALAVERA DE LA REINA
A banda ONE formárona no ano 2000 dous médicos, Jorge Busetto e Luciano Monti. Dende aquela levan ofrecendo dende Arxentina “O mellor espectáculo de versións de Queen do mundo”
Compartirán cartel nas datas de Santiago, Vigo, Ponferrada, Santander e Xixón con Bandas Galegas!!!.
Na Sala Capitol de Santiago os compostelanos TUNGSTENO abiránlle as portas á Raiña ás 21 horas co seu enerxético impácto de Rock & Roll clásico. Un gustazo oilos (por certo, primicia dende a VIDEOTECA GALEGA, no concerto poderedes adquirir, por primeira vez no mercado o seu disco debut chamado ÁTOMOS Y GALAXIAS;) ).
De seguro disfrutaredes das dúas bandas!!
No concerto de Vigo participarán xunto a One a banda KATHAARSYS, exponentes galegos do black death melódico, con 6 xiras europeas ás costas… Si eso xa non vos chama a atención… tamén eles están traballando no seu proximo CD no que presentan unha evolución da súa música cara una faciana máis acústica (liñas limpas e frases máis jazzeiras). A VIDEOTECA GALEGA puido disfrutar dalgunhas pezas nun concerto previo e a impresión foi tremendamente positiva.
Esperamos que non perdades a oportunidade de ver as 3 bandas en Galicia!!!!!!!!!!
El desarrollo de la autoestima, pertence ao seu derradeiro traballo “La transición de fase”, disco co que prentenden asentar a súa identidade musical, aínda que para eles Igloo segue a medrar e cambiar con cada un das experiencias que viven do mesmo xeito que fan as súas composicións.
Con este título un tanto científico queren facer o seu particular homenaxe a Eduardo Punset, que nunha entrevista explicaba os cambios do estado do líquido elemento sen perder a súa identidade. O grupo pretende deste xeito exhibir un novo son sen perder a esencia do Igloo primixenio.
Tui e Vigo son as sedes dalgúns dos galegos que participan na banda. O rock clásico e o funk son algunhas das súas influencias, e Arxentina é o outro polo da colaboración nesta banda. Xa participaron Ariel Roth ou Andy Chango, por poñer un exemplo.
Si no seu primeiro disco, Funksiona! no ano 2007 PHANTOM CLUB xa chamara a atención (O video que compartimos hoxe pertence a ese disco), polo que foron de xira recorrendo a península; O segundo “Muchas Noches, Buenas Gracias“, gravado en directo (nótese a profesionalidade dos músicos…) promete chegrar máis lonxe todavía. Por certo, gañaron o “Premio Maketon de Estrella Galicia ó Mellor Directo“. Creo que son un garante dun bo concerto, dun bo rato disfrutando da música en directo. Un saudiño para todos vós!!!