Descanse en Paz - José Ramón Sande Formoso

Saturday, July 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

Moitos vos preguntaredes porqué levamos tanto tempo sen actualizar esta a vosa páxina. Él era meu pai.

Despois de loitar contra esa “longa enfermidade” que é como se lle chama eufemísticamente ó cancro, finalmente nos abandonou o 12 de Abril de este ano.

Non hai palabras o suficientemente fermosas e grandilocuentes para definilo a él nin ao baleiro que deixa nas nosas vidas. Como podedes deducir a través dos seus debuxos meu pai era unha alma sensible. Tiven moita sorte.

Naceu en Santiago. A súa nai foi ama de casa e o seu pai, do que quedou orfo a temprana idade de 12 anos fora un Factor Ferroviario.

De pequeno viviu a cabalo entre Santiago e Badebois (Muros), de onde era a súa nai e de onde gardaba uns fermosos e ilusionantes recordos da infancia. E tamén en León onde estudou. Xa de rapaz despuntou nas artes gráficas ao recibir o “Premio Nacional de Matriceiros”; Deseño e fabricación de pezas. Estudou Inxeniería Naval en Ferrol e escomezou a traballar na empresa “Sanvei, Artes da caza, pesca e marroquinería” e con 22 anos casou coa miña nai.

Logo fomos chegando os fillos. Somos 3 homes e como o salario e a seguridade laboral non eran suficentes para unha familia de 5 membros, ao mesmo tempo que traballaba, estudaba 1º de Económicas e nos criaba, opositou á Universidade de Santiago. E aprobou. Foi a mellor nota. A partir dese momento traballou 18 anos como coidador de nenos na Guardería Universitaria de Santiago.

Coidador de nenos! Un home!. Hai case 20 anos!. Eso vos pode dar unha boa idea do que foi meu pai. O mellor pai do mundo.

Amaba a lectura, o debuxo, a pintura, a música… Quesada e Lugrís estaban entre os seus preferidos, pois sempre defendeu a Cultura Galega. Supoño que Ésta a vosa páxina é unha consecuencia natural de que eu sexa o seu fillo. Querémoste moito papá.

Nestes meses tiven que abandonar esta afección que tato me satisface porque estou tentando licenciarme, e como espero comprendades énos moi difícil atender a todo. Primeiro a obligación e despois a devoción… Non queda outra. A situación económica e familiar necesita que eu peche esta etapa universitaria para poder continuar coa vida.

De todas formas estamos facendo un esforzo para reordenar o traballo na VIDEOTECA GALEGA para seguir ofrecéndovos pinguiñas de cultura feitas por galegos.

Sentimos moito a disconntinuidade desta última tempada, sabemos que vós coma nós disfrutades deste alimento para a razón e a alma que é a Arte, e é por iso que vos aseguramos poderedes seguir lendo e vendo a nosa escolma da creatividade d@s galego@s.
Moitas gracias e unha gran aperta,

José Ramón Sande (Junior), (AKA Mon Sozinho).


A VIDEOTECA GALEGA

CURTAMETRAXE - PEDRO E O LOBO( STOP MOTION) - CFR PONTEVEDRA

Sunday, May 16, 2010 Escrito Por Vecin

Para hoxe e ás portas do Dia das Letras Galegas, imos compartir con tod@s o bo facer dos rapaces e rapazas do CEFORE en Pontevedra, con esta curtametraxe en stop motion, onde cada un deles aportaron unha secuencia como parte do exercicio do cursiño impartido por Juan Pablo Etcheverry no ano 2009.
Juan Pablo Etcheverry, santiagués afincado na Coruña e o que xa coñecemos por obras como “Minotauramaquia”, “A flor máis grande do Mundo”, que podedes ver na Videoteca Galega premendo sobre o título.

Un agarimoso saúdo a tod@s os alumn@s do CEFORE que nos ofrecen a posibilidade de ver o seu traballo.

Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

CURTAMETRAXE - DUÉRMETE LOBO - CARLOS SEIJO

Friday, April 2, 2010 Escrito Por Vecin

Unha curtametraxe-píldora condicionada polos requisitos do Diba Express Online, que pon de manifesto as dotes de Carlos Seijo como director.

Duración, menos de 3 minutos.
Temática relacionada co Soño.
Gravación, edición e subida á web nun prazo de 10 días.

Resultado: ¿Quén non tivo algunha vez un sono tan inquietante?
OS NOSOS PROPIOS MEDOS.

Graciñas Carlos por compartir con nós o teu bo facer. Por unha cultura libre!!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

CURTAMETRAXE - ROSA DOS VENTOS - JAIRO IGLESIAS

Saturday, March 27, 2010 Escrito Por Vecin

“Cando un comeza a localizar non sabe o que se vai a atopar. Ten palabras escritas nun papel, pero é nese primeiro viaxe ás localizacións cando a curta comeza a ter imaxe. Lugares que farán que a historia tome vida, sexa real e chegue ó público”.(Jairo Iglesias)

“Personaxes cos que un acaba falando cando xa os coñece ‘Rosa…por qué estás facendo isto?’ preguntábame moitas veces…incluso outras tiven a sensación de que me acompañaban a donde eu ía.”(Jairo Iglesias)

Coas palabras de Jairo hoxe damos introducción a súas curtametraxe a Rosa dos Ventos; a 3º do seu haber que foi nominada como mellor curtametraxe de ficción aos Premios Mestre Mateo no ano 2007.

Rodada en Malpica, é destacable a súa Banda Sonora, creación de Nico Casal pianista-compositor e compañeiro fiel de Jairo en outras moitas das súas produccións.

É de recibo facer mención ó tan ben merecido premio de Belén Constenla á mellor actriz pola Cidade de Sada, recoñecemento que é preciso extender a unha carreira adicada a interpretación.

PARTE PRIMEIRA

PARTE SEGUNDA