Descanse en Paz - José Ramón Sande Formoso

Saturday, July 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

Moitos vos preguntaredes porqué levamos tanto tempo sen actualizar esta a vosa páxina. Él era meu pai.

Despois de loitar contra esa “longa enfermidade” que é como se lle chama eufemísticamente ó cancro, finalmente nos abandonou o 12 de Abril de este ano.

Non hai palabras o suficientemente fermosas e grandilocuentes para definilo a él nin ao baleiro que deixa nas nosas vidas. Como podedes deducir a través dos seus debuxos meu pai era unha alma sensible. Tiven moita sorte.

Naceu en Santiago. A súa nai foi ama de casa e o seu pai, do que quedou orfo a temprana idade de 12 anos fora un Factor Ferroviario.

De pequeno viviu a cabalo entre Santiago e Badebois (Muros), de onde era a súa nai e de onde gardaba uns fermosos e ilusionantes recordos da infancia. E tamén en León onde estudou. Xa de rapaz despuntou nas artes gráficas ao recibir o “Premio Nacional de Matriceiros”; Deseño e fabricación de pezas. Estudou Inxeniería Naval en Ferrol e escomezou a traballar na empresa “Sanvei, Artes da caza, pesca e marroquinería” e con 22 anos casou coa miña nai.

Logo fomos chegando os fillos. Somos 3 homes e como o salario e a seguridade laboral non eran suficentes para unha familia de 5 membros, ao mesmo tempo que traballaba, estudaba 1º de Económicas e nos criaba, opositou á Universidade de Santiago. E aprobou. Foi a mellor nota. A partir dese momento traballou 18 anos como coidador de nenos na Guardería Universitaria de Santiago.

Coidador de nenos! Un home!. Hai case 20 anos!. Eso vos pode dar unha boa idea do que foi meu pai. O mellor pai do mundo.

Amaba a lectura, o debuxo, a pintura, a música… Quesada e Lugrís estaban entre os seus preferidos, pois sempre defendeu a Cultura Galega. Supoño que Ésta a vosa páxina é unha consecuencia natural de que eu sexa o seu fillo. Querémoste moito papá.

Nestes meses tiven que abandonar esta afección que tato me satisface porque estou tentando licenciarme, e como espero comprendades énos moi difícil atender a todo. Primeiro a obligación e despois a devoción… Non queda outra. A situación económica e familiar necesita que eu peche esta etapa universitaria para poder continuar coa vida.

De todas formas estamos facendo un esforzo para reordenar o traballo na VIDEOTECA GALEGA para seguir ofrecéndovos pinguiñas de cultura feitas por galegos.

Sentimos moito a disconntinuidade desta última tempada, sabemos que vós coma nós disfrutades deste alimento para a razón e a alma que é a Arte, e é por iso que vos aseguramos poderedes seguir lendo e vendo a nosa escolma da creatividade d@s galego@s.
Moitas gracias e unha gran aperta,

José Ramón Sande (Junior), (AKA Mon Sozinho).


A VIDEOTECA GALEGA

USC - Eleccións a Reitor na Universidade - PILAR BERMEJO

Monday, April 26, 2010 Escrito Por MonSozinho

O día 5 de Maio serán as eleccións a Rector na Universidade de Santiago. Abordamos este tema dende a VIDEOTECA GALEGA porque nos parece relevante cómo se xestiona ese laboratorio de cultura que é a Universidade Pública.

Dende a formación das personas ate a capacitación profesional, a universidade ten un papel actual e constante ó longo do tempo. Canta máis cultura mellor, e si é pública, mellor que mellor!!!

Despois de ler moito dos 7 candidatos atopamos cousas que dende a VIDEOTECA GALEGA nos fan pensar que PILAR BERMEJO é a MELLOR CANDIDATA: ( na web www.ABREOSOLLOS.COM tedes plasmadas estas e outras propostas que nos parecen acertadas)

- Creación dunha CASA DO ESTUDANTE onde se poderá ensaiar música e teatro, exposicións, conferencias, audiovisual… E XESTIONADO POR ALUMNOS!!!

(personalmente e por coherencia co noso enfoque de favorecer a creación e difusión da cultura, é a proposta que namorou á VIDEOTECA GALEGA :) )

- REFERENDOS VIA INTERNET!!! Por fin un pouco de verdadeira DEMOCRACIA na Universidade. Ate o de agora moitas das votacións eran pouco claras por mor dos manexamentos oscuros dalgunhas asociacións de estudantes que traballan as súas aspiracións políticas nas facultades en vez de servir o alumnado.

- PROCEDEMENTOS TRANSPARENTES PARA A SELECCIÓN DE BOLSEIROS. Outro dos grandes problema da Universidade é que o ser un ente tan antigo e anticuado as mafias “familiares” funcionan demasiado ben. Actualmente é máis sinxelo ser becario dun departamento ou profesor si eres fill@ ou moz@ doutro profesor. Basta xa de desigualdade de oportunidades!!!

Aparte de ler, tamén preguntamos un pouquiño á xente da universidade e parece ser que ata a semana pasada fora A ÚNICA CANDIDATURA QUE SE REUNÍRA PARA FALAR COS P.A.S. Por cousas como esta vemos diferencias entre Pilar Bermejo e o resto. Preocúpase polos traballadores de base e non so negocia coas “élites”.

Animámosvos aos Universitarios a VOTAR O DÍA 5 DE MAIO, porque un voto masivo do estudantado aínda pode decidir nunhas eleccións que marcarán a tendencia da universidade: Progreso, conservadurismo ou liberalismo. Elexide en libertade, pero por favor elexide vos. Que non volo impoñan forzas políticas ou profesores. O voso futuro nas vosas mans!!!

Unha apertaza e gracias por pensar un rato nisto.

A VIDEOTECA GALEGA

Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - GRAN PURISMO - ROSA DÍEZ (GALLEGO FREESTYLE)

Friday, March 19, 2010 Escrito Por MonSozinho

Dende Suiza, o noso galego emigrado respóndelle a Rosa Díez en clave de RaP. Despóis de ter aldraxado e re-aldraxado a cultura galega, despois dos ataques e defensas de diferentes actores (ou malos humoristas, coma no caso dun tal Arcadi Espadas), os representantes dos diversos colectivos reaccionan. Gran Purismo, con raíces en Ourense e a través de Play Pictures ten algo que decirlle a Rosa Díez:

* Gracias Gran Purismo por ser a voz pública de moitos ;)

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - O APÓSTOLO - MIRAXES

Saturday, March 13, 2010 Escrito Por Vecin

Queda pouco para que tod@s poidamos desfrutar da primeira película europea de animación stop-motion estereoscópica.Un filme gravado en Santiago de Compostela, con moito traballo ás costas e un equipo do que curiosamente e ata a data do 25 de Febreiro do 2010 podíase formar parte como membro-coproductor. Tod@s @s que tiveron a sorte de apuntarse figurarán nos créditos da película e contaran coa vantaxe de acceder de xeito exclusivo ao seu pre-estreno entre outros beneficios.
Na dirección figura un dos coñecidos da Videoteca Galega, Fernando Cortizo ó que acompañan un equipo de actores e actrices como Geraldine Chaplin, Carlos Blanco,Luís Tosar entre outros. E un equipo técnico de excepción que ven de traballar en películas como A noiva cadáver, Os mundos de Coraline….

Información: www.oapostolo.es

Se queredes curiosear na páxina de Artefacto Produccións atoparédesvos con outras creacións únicas.