Descanse en Paz - José Ramón Sande Formoso

Saturday, July 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

Moitos vos preguntaredes porqué levamos tanto tempo sen actualizar esta a vosa páxina. Él era meu pai.

Despois de loitar contra esa “longa enfermidade” que é como se lle chama eufemísticamente ó cancro, finalmente nos abandonou o 12 de Abril de este ano.

Non hai palabras o suficientemente fermosas e grandilocuentes para definilo a él nin ao baleiro que deixa nas nosas vidas. Como podedes deducir a través dos seus debuxos meu pai era unha alma sensible. Tiven moita sorte.

Naceu en Santiago. A súa nai foi ama de casa e o seu pai, do que quedou orfo a temprana idade de 12 anos fora un Factor Ferroviario.

De pequeno viviu a cabalo entre Santiago e Badebois (Muros), de onde era a súa nai e de onde gardaba uns fermosos e ilusionantes recordos da infancia. E tamén en León onde estudou. Xa de rapaz despuntou nas artes gráficas ao recibir o “Premio Nacional de Matriceiros”; Deseño e fabricación de pezas. Estudou Inxeniería Naval en Ferrol e escomezou a traballar na empresa “Sanvei, Artes da caza, pesca e marroquinería” e con 22 anos casou coa miña nai.

Logo fomos chegando os fillos. Somos 3 homes e como o salario e a seguridade laboral non eran suficentes para unha familia de 5 membros, ao mesmo tempo que traballaba, estudaba 1º de Económicas e nos criaba, opositou á Universidade de Santiago. E aprobou. Foi a mellor nota. A partir dese momento traballou 18 anos como coidador de nenos na Guardería Universitaria de Santiago.

Coidador de nenos! Un home!. Hai case 20 anos!. Eso vos pode dar unha boa idea do que foi meu pai. O mellor pai do mundo.

Amaba a lectura, o debuxo, a pintura, a música… Quesada e Lugrís estaban entre os seus preferidos, pois sempre defendeu a Cultura Galega. Supoño que Ésta a vosa páxina é unha consecuencia natural de que eu sexa o seu fillo. Querémoste moito papá.

Nestes meses tiven que abandonar esta afección que tato me satisface porque estou tentando licenciarme, e como espero comprendades énos moi difícil atender a todo. Primeiro a obligación e despois a devoción… Non queda outra. A situación económica e familiar necesita que eu peche esta etapa universitaria para poder continuar coa vida.

De todas formas estamos facendo un esforzo para reordenar o traballo na VIDEOTECA GALEGA para seguir ofrecéndovos pinguiñas de cultura feitas por galegos.

Sentimos moito a disconntinuidade desta última tempada, sabemos que vós coma nós disfrutades deste alimento para a razón e a alma que é a Arte, e é por iso que vos aseguramos poderedes seguir lendo e vendo a nosa escolma da creatividade d@s galego@s.
Moitas gracias e unha gran aperta,

José Ramón Sande (Junior), (AKA Mon Sozinho).


A VIDEOTECA GALEGA

Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - MULLER TRABALLADORA

Monday, March 8, 2010 Escrito Por Vecin

Sinxela secuencia que explica porque celebramos o día de hoxe. Eu como muller videotequeira reivindico o traballo das mulleres!.Aínda queda moito por camiñar en moitos eidos laborais pero xa é unha realidade que cada vez máis mulleres ocupamos espazos que antes eran reservados para os homes.

Para todas as videotequeiras que nós seguides! Feliz celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA!

Gracias a Olimpia1977 por compartir o video da súa avoa na rede.

A VIDEOTECA GALEGA

Como non podía ser menos tamén as mulleres do eido cultural celebraron este día aínda que con adianto á data, no acto SEREAS, celebrado no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Enquisa - ¿Que queredes ter na VIDEOTECA GALEGA?

Sunday, February 14, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - BEN FALADO 1 - TVG

Saturday, February 6, 2010 Escrito Por Vecin

ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.

É unha ledicia poder visualizar este tipo de programas, adentrándonos a tod@s no mundo máxico das verbas galegas, dunha lingua tan rica en matices, en cores….é unha ledicia poder plasmar estas verbas no papel, é unha ledicia escribir co lapis da fala, complicadas composicións que transmitan emocións….é unha ledicia en todo caso poder contar co privilexio do galego!