Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!
“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!
Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.
Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.
Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
El desarrollo de la autoestima, pertence ao seu derradeiro traballo “La transición de fase”, disco co que prentenden asentar a súa identidade musical, aínda que para eles Igloo segue a medrar e cambiar con cada un das experiencias que viven do mesmo xeito que fan as súas composicións.
Con este título un tanto científico queren facer o seu particular homenaxe a Eduardo Punset, que nunha entrevista explicaba os cambios do estado do líquido elemento sen perder a súa identidade. O grupo pretende deste xeito exhibir un novo son sen perder a esencia do Igloo primixenio.
Thursday, February 18, 2010 Escrito Por MonSozinho
Clarinetes e Jazz, acordeón, percusión e músicas do mundo fusionado cancioneros galegos nunha coctelera “pop” e o proxecto destes 6 músicos. CUARTETO CARAMUXO son Alonso caxade, Fernando Abreu, Felipe Agell, Oscar Prieto, Patricia Cela e Xoan Carlos Vázquez (vaia para o cuarteto!!!!). Taballaron obras propias e de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos). A súa proposta intimista e persoal foi presentada no 2009 e se déixa escoitar moi ben. Neste tema en concreto estiveron acompañados pola aloumiñadora guitarra funky de Pablo Carrera tamén coñecido coma “Pablus” no Centro Sociocultural Caixanova de Vigo. Como podedes ver no video, teñen un directo moi simpático e estético. Os aplausos de público son ben merecidos… OUTRO GRAN APLAUSO DA VIDEOTECA GALEGA!!!!
Encántanos atopar este tipo de videos. Músicos explicando cómo fan música, como usan as novas tecnoloxías e porqué. Unha hora e media de información da man de PROJECTO MOURENTE Dende logo se non fora por almas inquedas coma as dos artistas, a difusión da cultura sería moito máis lenta… elitista… capitalizada… vamos… un asquiño. Pero para axudar as almas nobles estamós nós. VIDEOTECA GALEGA quérevos avisar ós amantes do ELECTRO-POP, esta corrente de música sinxela e bailable, cértamente relacionada coa música dos 80, que HOXE NA SALA NASA poderedes disfrutar dun concerto de PROJECTO MOURENTE. No seu Myspace podedes ver videoclips e directos do grupo. Disfrutade!!!
*Tamén poderedes disfrutar hoxe das actuacións no AUDITORIO DE GALICIA en Compostela da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA dirixida por X.C. Seráns ás 11 da mañá e xa pola noitiña ás 21h da REAL FILHARMÓNICA DE GALICIA da man do seu director Antoni Ros, na que interpretarán un programa composto por obras de Beethoven, Wolf e Mendel entre outros. Espero que vos guste o cartel de hoxe; Vangarda e clasicismo a partes iguáis!!! ;)
VIDEO DE CARLOS NUÑEZ COA R.F.G EN CUBA (FEIRA DO LIBRO 2008)