Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!
“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!
Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.
Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.
Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
Chencho Campos, actor, director, diseñador gráfico, músico... como podedes ver, os artistas son por deficinición inquedos e gustar de tocar tódolos paus para ir desenrolando a súa personalidade en tódolos ámbitos. Pode ser que sexa un reto vital de valentes que queren probar os seus límites ou simplemente o camiño das personas que viven na arte. O que si queda claro é que calqueira persona que aspire a vivir a través da súa arte ten que explorar todos estes camiños… e aqueles que se lle vaian cruzando diante.
Este videoclip pertence á canción creada por Chencho (música e voces) para a banda sonora da súa curtametraxe \”POR UNA MUJER\”. A Actriz do videoclip é Sandra Iglesias.
A Chencho Campos podédelo ver coma actor nesta curtametraxede Alber Ponte que xa compartiramos con vos hai tempo:
“Borrasca Interior”
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
Wednesday, December 16, 2009 Escrito Por MonSozinho
Para un día tan frio coma o de hoxe escollemos unha das arte que se soen disfrutar dunha forma recollida e en ambientes cálidos e confortables: A Pintura. Ademáis o ARTISTA GALEGO que esaltamos hoxe transmite moita calidez nas súas obras, polo que é doblemente acertada a súa escolla: “O Pintor de Almas”, José Ramón Sande Formoso.
Si ben soe plasmar a súa xenialidade nas facianas dos centos de nenos que os seus pais quixeron inmortalizar (Que fermoso conservar a esencia da infancia dos teus fillos), José Ramón é capaz de transmitir esa visión sensible e emocionante en todas as súas obras.
Dende o surrealismo impresionista de “A Madonna do Perexil” á realidade costumbrista de “Merenda” ou “O Zapateiro da Troia”, non deixa de sorprender e agradar co seu don.
Grande admirador de Lugris e Quesada, amante das cores e o lápis, “O Pintor de Almas” aporta beleza e sensibilidade a todos os VIDEOTEQUEIROS nun día tan frio coma hoxe. ANIMÁMOVOS A QUE LLE DEIXEDES UNHAMENSAXE NA SÚA WEB!!!
Samuel Levi comeza na música alá polo ano 1997…..Carreira que compaxina co aprendizaxe da guitarra no conservatorio. As súas composicións beben da música de Pedro Guerra, Silvio Rodriguez..cantautores xa consagrados e recoñecidos……Se ledes a súa biografía poderedes comprobar que se trata de todo un trotamundos musical, sae de Madrid, onde grava a súa maqueta “Con mis propias manos”; de Madrid pega o salto internacional e marcha para Cuba onde reside un ano ampliando os seus estudos.
No ano 2004 viu a luz o seu primerio disco de larga duración “Turno de noche”.
Todo un pracer poder escuitar a un artista con tanto traballo ás costas.