Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

ENQUISA - QUÉ VOS GUSTARÍA QUE TIVESE A VIDEOTECA GALEGA?

Wednesday, March 31, 2010 Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - Shit Pony - Violencia

Tuesday, February 16, 2010 Escrito Por MonSozinho

A banda Compostelana de Gore Punk formouse pola unión de Snob Megalove, Vil Megalove e Alex KoploBitch. Shit Pony teñen un propósito: “Imos todos fartos das cancións de amor tráxico, de amor platónico, de amor eterno, hortera e babexante. O que lle pide o corpo á década que estamos a piques de inaugurar é amor gore, pasando de romanticismos e sutilezas.
Conseguiron ser seleccionados para a súa inclusión na BSO da montaxe teatral “Pressing Catch” do grupo Berrobambán. O xurado foi unánime na súa votación!

Do Underground máis oscuro e húmido, Srs e Sras… Shit Pony!

A VIDEOTECA GALEGA

VIDEO - Franc3s - Nuestra fe en el veneno

Sunday, February 14, 2010 Escrito Por MonSozinho

Xa nos fixaramos neles co seu primeiro videoclip Como un Caracol entre Lobos, pero con Nuestra Fe EN El Veneno, definitivamente FRANC3S fixeron un impacto total na nosa percepción; Con esa estética oscura e inquietante e a boa man na realización de Javi Camino (para quen non lle soe o nome é o creador de Maldito Bastardo, xenial obra de culto Underground) e coa produccion de Magnetova Entertainment
O video pertence ó seu último disco, “La exhibición de atrocidades“, e como supoño xa descubririades… trata o tema do suicidio.

- RECORDADE, NON FAGADES ISTO NA CASA SE NON ESTADES EN PRESENCIA DUN ADULTO
- AS ESCENAS FORON FILMADAS POR ACTORES PROFESIONÁIS
- NINGÚN GALEGO FOI MALTRATADO PARA A REALIZACIÓN DESTE VIDEO!!!

A VIDEOTECA GALEGA

Enquisa - ¿Que queredes ter na VIDEOTECA GALEGA?

Escrito Por MonSozinho

A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.

* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través do EMAIL

*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

VIDEO - GUEZOS - ACCIÓN-REACCIÓN (Promoción de OITO DESTINOS na Radio Galega)

Friday, December 18, 2009 Escrito Por MonSozinho

Decíame un amigo músico que o “folk era moi malo de fusionar”. A maior parte das música que crecen ensta globalización son negroides; A saber: blues, Jazz, funk, Disco, Flamenco…
Dicíame que “o noso folk ten unha base rítmica ternaria, con moitos tripletes e o aceno na primeira nota”… co que a maridaxe máis natural era coas músicas balcánicas, célticas… europeas. Neste sentido non estamos na corriente maioritaria.
Pero iso non quere decir que teñamos esgotados os caminos de crecemento, fusión e aprendizaxe. Un dos exemplos máis bonitos e claros que podemos desfrutar este luns son GUEZOS, que son unha banda de Ourense que ven de grabar o seu disco “OITO DESTINOS” neste ano 2009 que agora se acaba. Tiveron o GRANDÍSIMO XESTO de LIBERAR A SÚA MÚSICA: PODEDES DESCARGAR O DISCO EIQUI. Esperamos que disfrutedes deles e que nos digades:

¿COÑECEDES ALGÚN GRUPO DE FOLK-FUSIÓN GALEGO?

Una aperta para todos e disfrutade coas festas, os amigos e a familia.

*Por certo, GUEZOS significa “rapaces” en BARALLETE, a lingua dos afiadores!!!

A VIDEOTECA GALEGA