Mañá mérores 5 de Maio ás 22H poderedes disfrutar na Compostelana Sala Capitol dun concierto moi especial. Kathaarsys, os representantes galegos máis internacionales da música Metal, presentan o seu novo disco Intuition, no que xa avanzaron nunha evolución da súa música tras 6 xiras . O video de hoxe foi grabado no Live Metal Club en Bucharest o 27.04.2009. E como iste hai centos!!!
Por 5 euros teredes acceso ao seu show e ademáis como promoción especial, aos compradores dun dos seus discos ou camisolas (10€) REGALARÁSELLES unha entrada para o show que se celebrará o sábado 9 de Outubro tamén na Sala Capitol, no que, coa axuda do público, grabarán as Imáxenes de directo que conformará a presentación visual do disco. O precio do bono dese concerto futurible mercado de xeito independiente será tamén de 10€. Os queirades formar parte inmortal da historia do BLACK DEATH METAL galego, e os que queirades disfrutar deste seu gran concerto xa sabedes, mañá día 5 de Maio, as 22h, 5 €
Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!
“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!
Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.
Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.
Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!
A VIDEOTECA GALEGA trata de ofrecervos os mellores contidos e servicios; É por iso que creamos este apartado para que nos digades o que vos gustaría atopar na VIDEOTECA GALEGA.
* Recordade que tamén vos podedes poñer en contacto con nós a través doEMAIL
*Gracias ás aportacións que nos facedes constantemente, a VIDEOTECA GALEGA é un ente vivo e útil… DE PARTE DE TODO O EQUIPO DA VG…MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!
A banda Arxentina ONE, tributo á banda QUEEN, xira por España este Marzo do 2010.
O precio das entradas é 12€ anticipada e 15€ en taquilla.
Posiblemente, o máis preto que podes estar de ver un espectáculo de Queen co gran Freddie Mercury!!!(Pola calidade, claroestá!).
DATAS DE MARZO
11 marzo. - VIGO- SALA MONDO: ONE + kathaarsys. 21h
12 marzo.- OURENSE (ás 24h)
13 marzo.- SANTIAGO De.COMPOSTELA (Xunto ós galegos TUNGSTENO) Sala Capitol, 21h
18 marzo.- SANTANDER: ONE + Kathaarsys
19 marzo.- PONFERRADA: ONE + Kathaarsys (Entrada 10€-12€)
20 marzo.- XIXÓN: ONE + Kathaarsys
21 marzo.- LUGO (Pendente de Coonfirmación)
26 marzo.- LISBOA (Pendente de confirmación)
27 marzo.- SEVILLA
28 marzo.- TALAVERA DE LA REINA
A banda ONE formárona no ano 2000 dous médicos, Jorge Busetto e Luciano Monti. Dende aquela levan ofrecendo dende Arxentina “O mellor espectáculo de versións de Queen do mundo”
Compartirán cartel nas datas de Santiago, Vigo, Ponferrada, Santander e Xixón con Bandas Galegas!!!.
Na Sala Capitol de Santiago os compostelanos TUNGSTENO abiránlle as portas á Raiña ás 21 horas co seu enerxético impácto de Rock & Roll clásico. Un gustazo oilos (por certo, primicia dende a VIDEOTECA GALEGA, no concerto poderedes adquirir, por primeira vez no mercado o seu disco debut chamado ÁTOMOS Y GALAXIAS;) ).
De seguro disfrutaredes das dúas bandas!!
No concerto de Vigo participarán xunto a One a banda KATHAARSYS, exponentes galegos do black death melódico, con 6 xiras europeas ás costas… Si eso xa non vos chama a atención… tamén eles están traballando no seu proximo CD no que presentan unha evolución da súa música cara una faciana máis acústica (liñas limpas e frases máis jazzeiras). A VIDEOTECA GALEGA puido disfrutar dalgunhas pezas nun concerto previo e a impresión foi tremendamente positiva.
Esperamos que non perdades a oportunidade de ver as 3 bandas en Galicia!!!!!!!!!!
Un pouco de caña para os oidos!!! Talesien son unha das formacións de metal máis consolidadas de Galicia, e como tal, xa puidéchedes ver varias das súas actuacións EIQUÍ na VIDEOTECA GALEGA.
Pero Talesien están de noraboa neste 2010, porque será o ano no que publiquen o seu 3º CD, chamado “Metamorfosis” e que recollerá versións acústicas dos seus anteriores traballos “Melancolía” (2008) e “The Blind Carpenter” (2005) e algún adianto do que será o próximo disco. Este cd, que só se poderá conseguir en formato Digi-pack a través do seu Myspace, correo electrónico e nos concertos, foi grabado nos Estudios Pedreira Sons (vilalba-Lugo) por Ruben Vázquez
Talesien tamén foron galardonados como Mellor Canción do 2009 na II Edición dos Premios Inframundo da Música, en A Coruña e patrocinado por Caixa Galicia. Aqui tedes o video do momentazo!!!!
Hoxe será un día bastante interesante na capital de Galicia; Na biblioteca Ánxel Casal (Rúa Xoan XXIII) en Santiago de Compostela, Inés Cuadrado, nunha iniciativa chamada “Os Sábados Choiva de Contos” entreterá a rapaces entre 3 e 12 anos cun evento titulado “Os Amigos de Perruchina“. Tamén se poderá disfrutar da obra de teatro “A cabeza nas nubes”, de Playground na Sala Nasa.
Pero é o Forum Gastronómico 2010 de Santiago de Compostela o evento que queriamos resaltar porque durará 4 días (20 ó 24 de Febreiro) e encherá as rúas e locais Compostelanos de Talleres de degustación, Ponencias de grandes cociñeiros, como Ferrán Adrià e outros grandes mestres portugueses, finlandeses.. Catas guiadas e outras actividades gastronómicas e culturáis. A maior parte do evento levarase a cabo no recinto da feira de Amio. A gastronomía é un dos nosos estandartes; diferénciase da valorada cociña Mediterránea e creo que a superamos. A cociña do Atlántico deixará saborosos arrecendos polas rúas picheleiras!!!