DOCUMENTAL - La Guerra Olvidada (trailer) - Carlos Vázquez e Awad Mohamed

Wednesday, January 27, 2010 Escrito Por MonSozinho

Haití despertou de novo a nosa sensibilidade para cos máis desfavorecidos; Nesta enésima desgraza que coma sempre, e por definición de indefensión, sofren os paises menos desenvolvidos, a axuda internacional comeza a organizarse con certa premura (mediática) e os contratos para a reconstrucción do país comezan a ser visitantes habituáis dos despachos de máis alta alcurnia.

Carlos Vázquez, galego desplazado a Barcelona para estudar o Máster en Dirección de Documentales, levou a cabo diversos traballos fronte a REVOLTA PRODUCCIÓNS, entre eles este documental que fala da guerra civil de Sudán, que durou 22 anos, e da actualidade alegal do país, que terá no 2011 un referendo para decidir o futuro do país.

Dende a VIDEOTECA GALEGA felicitamos a Carlos Vázquez polo seu traballo tan comprometido e fermoso, e animamos a todo o mundo a que bote unha man, axude os seus iguais que son tódolos seres humanos, sexan veciños ou do outro extremo do planeta, porque ENTRE TODOS PODEMOS CONSTRUIR UN MUNDO MELLOR!!!

Estade atentos á súa traxectoria, porque en xullo sairá o seu próximo traballo, coproducido por entidades tan potentes coma son TVE ou TV3. Disfrutade do video!!!

A VIDEOTECA GALEGA

Engadir comentario

Complete o formulario para engadir comentarios

Datos do usuario





Engadir o teu comentario