HUMOR - ANDRESSOLO - CONSEJOS PARA LIGAR

Monday, May 3, 2010 Escrito Por MonSozinho

Unha boa dose de humor da man de ANDRESSOLO!!. O noso Clown Galego preferido reflexiona sobre esta preocupación universal. Claro que o fai dende o seu enfoque acedo e retranqueiro. Por iso nos gusta tanto!!!

(Bueno, o da violación é unha brutada considerable; Son esas cousas que un amigo definiu como “Hostiazo mental”, a gracia de traspasar o políticamente correcto ;)).

Andrés segue producindo unha cantidade inxente de traballos en formato VIDEO (dos que fixo unha colección específica EN GALEGO) e tamén, para os que aínda non o sepades AUDIO, co seu proxecto Andressoler. Anteriormente tamén traballou en proxectos como Akomeroxtia!!, Mierda Predilecta, Punkis Guapos, Mutatis Mutandis, Amplexus, La Citroen and Andressolo Kabezatolo e outros.

Moito ánimo, moitas felicidades e gracias por darnos tanto Andrés.

A VIDEOTECA GALEGA

Concurso Cantalingua - Un Fallo Polémico (ou máis)

Thursday, April 29, 2010 Escrito Por MonSozinho

Vense de facer público o resultado do CONCURSO CANTALINGUA. Presentáronse 38 cancións de 38 artistas de Galicia. Sendo unha boa reunión do traballo dos músicos galegos, o resultado deixa varias zonas oscuras á hora de comprender o criterio seguido para outorgar o premio os gañadores.

Na páxina de comentarios de KOMUNIKANDO.NET podedes ler algunha das seguintes queixas:

- O segundo gañador, García MC de Dios Ke Te Krew, premiado con 3 concertos de 700€ cada un (un total de 2100€) fíxoo cunha versión dun poema de CELSO EMILIO FERREIRO, ainda a pesar de que nas BASES DO CONCURSO di claramente que só se terán en conta cancións orixináis.

- Os 8 primeiros clasificados están rexistrados como usuarios de KOMUNIKANDO.NET

- A páxina do concurso, http://www.komunikando.net/cantalingua/ visualízase de forma distinta segundo uses Google Chrome, Internet Explorer ou Mozilla Firefox, de forma que segundo uses un navegador ou outro verás somente os artistas e os seus votos ou a clasificación xeral, un reproductor dos temas, explicacións sobre as Bases do Concurso…

- Fóronselle enviadas cancións que non colgaron no seu momento, senón días despois, co que se alterou o plazo disponible para votalas. Outros temas enviados posteriormente foron subidos con máis premura. Esto pasoume a min personalmente con éste meu tema: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

- O plazo para votar variou segundo o Navegador que utilizaras. Só co Mozilla firefox se cumpliu o plazo estipulado nas Bases do Concurso. Con Explorer e Chrome xa non se puido votar dous días antes de acabar dito plazo.

No Programa Especial de Aberto Por Reformas (no primeiro minuto) tamén se di públicamente que o xurado fixo unha PENEIRA de 10 finalistas mais unha mención especial. Estaría ben clarificar os criterios desa peneira, non avisada nas bases e clarificar porqué 8 dos 10 están rexistrados en KOMUNIKANDO.NET, ou porqué os 3 gañadores son de Ordes e arredores.

USC - Eleccións a Reitor na Universidade - PILAR BERMEJO

Monday, April 26, 2010 Escrito Por MonSozinho

O día 5 de Maio serán as eleccións a Rector na Universidade de Santiago. Abordamos este tema dende a VIDEOTECA GALEGA porque nos parece relevante cómo se xestiona ese laboratorio de cultura que é a Universidade Pública.

Dende a formación das personas ate a capacitación profesional, a universidade ten un papel actual e constante ó longo do tempo. Canta máis cultura mellor, e si é pública, mellor que mellor!!!

Despois de ler moito dos 7 candidatos atopamos cousas que dende a VIDEOTECA GALEGA nos fan pensar que PILAR BERMEJO é a MELLOR CANDIDATA: ( na web www.ABREOSOLLOS.COM tedes plasmadas estas e outras propostas que nos parecen acertadas)

- Creación dunha CASA DO ESTUDANTE onde se poderá ensaiar música e teatro, exposicións, conferencias, audiovisual… E XESTIONADO POR ALUMNOS!!!

(personalmente e por coherencia co noso enfoque de favorecer a creación e difusión da cultura, é a proposta que namorou á VIDEOTECA GALEGA :) )

- REFERENDOS VIA INTERNET!!! Por fin un pouco de verdadeira DEMOCRACIA na Universidade. Ate o de agora moitas das votacións eran pouco claras por mor dos manexamentos oscuros dalgunhas asociacións de estudantes que traballan as súas aspiracións políticas nas facultades en vez de servir o alumnado.

- PROCEDEMENTOS TRANSPARENTES PARA A SELECCIÓN DE BOLSEIROS. Outro dos grandes problema da Universidade é que o ser un ente tan antigo e anticuado as mafias “familiares” funcionan demasiado ben. Actualmente é máis sinxelo ser becario dun departamento ou profesor si eres fill@ ou moz@ doutro profesor. Basta xa de desigualdade de oportunidades!!!

Aparte de ler, tamén preguntamos un pouquiño á xente da universidade e parece ser que ata a semana pasada fora A ÚNICA CANDIDATURA QUE SE REUNÍRA PARA FALAR COS P.A.S. Por cousas como esta vemos diferencias entre Pilar Bermejo e o resto. Preocúpase polos traballadores de base e non so negocia coas “élites”.

Animámosvos aos Universitarios a VOTAR O DÍA 5 DE MAIO, porque un voto masivo do estudantado aínda pode decidir nunhas eleccións que marcarán a tendencia da universidade: Progreso, conservadurismo ou liberalismo. Elexide en libertade, pero por favor elexide vos. Que non volo impoñan forzas políticas ou profesores. O voso futuro nas vosas mans!!!

Unha apertaza e gracias por pensar un rato nisto.

A VIDEOTECA GALEGA

Buscanse para Santiago Monologuistas, Magos, Cantautores, Actuacións Acusticas…

Sunday, April 18, 2010 Escrito Por MonSozinho

Son varios os locais que se puxeron en contacto con nós para localizar artistas que queiran acuar. Pedímosvos que si estades interesados en actuar, desta vez, na área de Santiago de Compostela ou coñeces a alguén que poida estar interesado, contactedes con nós expoñendo cal é a vosa actuación. Unha gran aperta e seguimos en contacto!!

CONTACTADE EIQUÍ

*(Ou tamén enviando un mail a videotecagalega@gmail.com)

A VIDEOTECA GALEGA

Canción: Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

Monday, April 12, 2010 Escrito Por MonSozinho

Hola VIDEOTEQUEIR@S, aqui tedes unha canción para todos os vosos fillos ou parentes pequeniños!!!

(podedes descargala pois ten LICENCIA CREATIVE)

Mon Sozinho - Cantalingua Mola!

“Hola CantaLingua! Fixen esta canción para todos vós e en especial para os rapaces en idade escolar. É unha canción sinxela e bonita (creo) na que trato de facer unha alegoría á fermosura da nosa idioma e a súa sonoridade doce. Tamén aproveitei para ser un pouco didáctico e trato de ficar na memoria dos nenos con algunha regla mnemotécnica sinxela e útil. Si consigo iso, xa algo queda!!

Levo 15 anos coma vocalista e compositor en varias formacións e debo recoñecer que facendo ista canción divertinme moitisimo.

Se vos gusta, trataremos de transmitilo nas nosas actuacións.

Unha gran aperta e disfrutade do tema porque…. Cantalingua Mola!

Escrito Por

VIDEO - ROMANCE DE SOLTEIRINHA - PABLO QUINTANA

Sunday, April 4, 2010 Escrito Por Vecin

Aínda que naceu no municipio asturiano de Villanueva de Oscos dende 1982 afíxose a cidade galega da Coruña onde reside.
Desenvolveu unha carreira de divulgación da cultura galega e da zona occidental de Asturias en donde realizou unha importante labor de recopilación do patrimonio material e inmaterial.
Publicou moitos traballos escritos, pero aínda así atreveuse a difundilos en soporte sonoro. Bo exemplo témolo na coordinación que fixo da serie etnográfica Recolleita (Ruada 1981), na que publicou un disco que contiña as gravacións realizadas ao cego cantor de coplas Florencio de Fontaneira e a pandereteira Eva Castiñeira. O ano seguinte gravou o seu propio LP baixo o título” O cego andante” no que interpretou diversos temas de tradición galega.

Graciñas a Oleiros70 por compartir na rede a montaxe que acompaña á voz de Pablo Quintana.