VIDEO - MARCOS TEIRA E L.A.R LEGIDO - FESTIVAL DOS ABRAZOS

Wednesday, December 2, 2009 Escrito Por Vecin

Unha guitarra galega xeradora de sons flamencos, así poderiamos definir a música de Marcos Teira (Pobra do Caramiñal, 1967). Ademais das colaboracións que realiza frecuentemente con outros músic@s nos máis variados eidos musicais, dirixe a súa propia banda MARCOS TEIRA CUARTETO, grupo do que xurde o seu primeiro disco en solitario “Punta de Cabío”.
Xa no ano 2008 nace o seu segundo disco “Alí”, unha pequena comunidade musical na que participan músic@s de Granada, Argelia e Galicia.

A actuación que segue pertence o Festival dos Abrazos que tod@s desfrutaríades estes ultimos veráns polas rúas de Compostela.