VIDEO - XERACIÓN XABARÍN - SOCI@ BUSCA SOCI@

Friday, November 27, 2009 Escrito Por Vecin

Parece mentira pero xa pasara tanto tempo dende que viu a luz “O Xabarín clube”, aló polo ano 1994 convertíndose en todo un éxito de pantalla entre os cativ@s e os non tan cativ@s. Destacou fundamentalmente polo achegamento dos peques ó universo musical galego da man de grupos como “Os diplomáticos de Monte Alto”,”Killer Barbies”, “Siniestro Total”, “Blood Filloas”…..¿Quén non recorda os seus concertos por diversas cidades e vilas galegas?

No ano 2007 comeza unha nova etapa, cunha imaxe renovada, adaptada as novas xeracións, con novas seccións e con moitas ganas de converterse no referente infantil e xuvenil da música, do audiovisual e canteira para novas promesas galegas no eido cultural galego.

CONTADE NA VIDEOTECA GALEGA as vosas anécdotas respeto ó Xabarín clube.