Descanse en Paz - José Ramón Sande Formoso
Saturday, July 31, 2010 Escrito Por MonSozinhoMoitos vos preguntaredes porqué levamos tanto tempo sen actualizar esta a vosa páxina. Él era meu pai.
Despois de loitar contra esa “longa enfermidade” que é como se lle chama eufemísticamente ó cancro, finalmente nos abandonou o 12 de Abril de este ano.
Non hai palabras o suficientemente fermosas e grandilocuentes para definilo a él nin ao baleiro que deixa nas nosas vidas. Como podedes deducir a través dos seus debuxos meu pai era unha alma sensible. Tiven moita sorte.
Naceu en Santiago. A súa nai foi ama de casa e o seu pai, do que quedou orfo a temprana idade de 12 anos fora un Factor Ferroviario.
De pequeno viviu a cabalo entre Santiago e Badebois (Muros), de onde era a súa nai e de onde gardaba uns fermosos e ilusionantes recordos da infancia. E tamén en León onde estudou. Xa de rapaz despuntou nas artes gráficas ao recibir o “Premio Nacional de Matriceiros”; Deseño e fabricación de pezas. Estudou Inxeniería Naval en Ferrol e escomezou a traballar na empresa “Sanvei, Artes da caza, pesca e marroquinería” e con 22 anos casou coa miña nai.
Logo fomos chegando os fillos. Somos 3 homes e como o salario e a seguridade laboral non eran suficentes para unha familia de 5 membros, ao mesmo tempo que traballaba, estudaba 1º de Económicas e nos criaba, opositou á Universidade de Santiago. E aprobou. Foi a mellor nota. A partir dese momento traballou 18 anos como coidador de nenos na Guardería Universitaria de Santiago.
Coidador de nenos! Un home!. Hai case 20 anos!. Eso vos pode dar unha boa idea do que foi meu pai. O mellor pai do mundo.
Amaba a lectura, o debuxo, a pintura, a música… Quesada e Lugrís estaban entre os seus preferidos, pois sempre defendeu a Cultura Galega. Supoño que Ésta a vosa páxina é unha consecuencia natural de que eu sexa o seu fillo. Querémoste moito papá.
Nestes meses tiven que abandonar esta afección que tato me satisface porque estou tentando licenciarme, e como espero comprendades énos moi difícil atender a todo. Primeiro a obligación e despois a devoción… Non queda outra. A situación económica e familiar necesita que eu peche esta etapa universitaria para poder continuar coa vida.
De todas formas estamos facendo un esforzo para reordenar o traballo na VIDEOTECA GALEGA para seguir ofrecéndovos pinguiñas de cultura feitas por galegos.
Sentimos moito a disconntinuidade desta última tempada, sabemos que vós coma nós disfrutades deste alimento para a razón e a alma que é a Arte, e é por iso que vos aseguramos poderedes seguir lendo e vendo a nosa escolma da creatividade d@s galego@s.
Moitas gracias e unha gran aperta,
José Ramón Sande (Junior), (AKA Mon Sozinho).